Paloma Castro leva ao Parlamento a reclamación do deporte galego para revisar o protocolo que regula a práctica deportiva con alertas meteorolóxicas de forma proporcionada en base a un estudo técnico do que carece
A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de alertar da “improvisación e falta de diálogo” do goberno galego na elaboración do protocolo de xestión das alertas meteorolóxicas no deporte galego, que está a provocar malestar no sector. A responsable socialista reclamoullo á Xunta que revise e actualice o protocolo para regular a práctica deportiva de forma proporcional e acorde coa natureza da actividade.
Castro presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar un modelo equilibrado que garanta a seguridade e unha práctica razoable do deporte en Galicia, xa que o protocolo aprobado este ano carece dun estudo técnico detido nin unha avaliación dos efectos prexudiciais que poida provocar en determinados deportes.
A responsable socialista acusa ao goberno galego de ter aprobado este protocolo sen consensuar co sector deportivo nin coa súa representación a través das federacións, que cae na “improvisación” ao intentar “branquear e distanciarse da falta de responsabilidade amosada polo goberno valenciano” durante a dana.
Castro alerta de que o modelo de suspensión automática da actividade deportiva federada e do Programa Xogade de actividades con menores pode dar lugar a falsos negativos e positivos. Así, advirte que tanto pode fallar a alerta formal a pesares de que exista un risco efectivo como se dean cancelacións innecesarias.
Reclama polo tanto establecer unha versión “revisada e proporcionada” de resposta diante das alertas meteorolóxicas, cun novo protocolo elaborado por unha mesa técnica na que participen a Secretaría Xeral para o Deporte, Meteogalicia, Protección Civil, as consellerías de Educación e Sanidade e a Unión de Federacións Deportivas Galegas.
Este novo protocolo debe incorporar un semáforo operativo en función do tipo de fenómeno meteorolóxico, diferenciando os fenómenos de vento, chuvia ou neve no exterior e no interior, e o ámbito da práctica deportiva, xa que non é son mesmo as instalacións cubertas e descubertas nin as zonas abrigadas nin as expostas.
Ademais, propón recoñecer o mando técnico do Delegado de Seguridade e do Comité de Competición para decidir en tempo real as medidas adecuadas, graduadas entre adaptación, limitación, reubicación, aprazamento ou cancelación da práctica deportiva afectada. Ademais, reclama que garanta a coordinación co réxime xeral de protección civil e mellorar os mecanismos de comunicación e trazabilidade.
O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…
O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…
Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…
Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…
Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…