Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de desprezar a vivenda pública e devolver recursos estatais pola falla de execución

Lara Méndez sinala que o PP “non cre na vivenda pública” e advirte que o 66 por cento do investimento comprometido polo goberno galego na materia realidade procede do Estado

 

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista, Lara Méndez, advertiu hoxe que a Xunta “non cre na vivenda pública” por canto a Xunta só presenta medidas “cara á galería”. Méndez interveu na comparecencia do secretario xeral de Vivenda hoxe no Parlamento, onde lembrou a baixa execución das partidas para vivenda, e advertiu que o 66 por cento do investimento comprometido polo goberno galego en realidade procede de fondos estatais.

 

A responsable sociailista anunciou que Gailcia tivo que devolverlle ao Estado 9 millóns de euros por falla de execución, e neste momento hai outros 16,7 millóns de euros en risco se o goberno galego non é capaz de executalos. Sinalou que a Xunta só executou por exemplo o 9,2 por cento dos programas de acceso á vivenda en 2022, e executa menos da metade do orzamento para rehabilitación de vivenda.

 

Apuntou que malia que o rexistro de demandantes conta con máis de 22.000 familias inscritas, 18 novas cada día, Galicia presenta un balance catastrófico en anos cmo 2022, no que só remataron 3 vivendas, ou 2023, con apenas 25, ou directamente ningunha vivenda entre 2014 e 2017. Afeoulles casos como os de Lugo ou Pontevedra, onde fixeron “cero vivendas” nos 16 anos de goberno do PP.

 

Sinalou que o goberno galego “non busca colaboración e acordos, só busca trasladar as súas competencias e poñerlle deberes ás outras administracións”, ao criticar sistematicamente ao goberno central ao tempo que torpedean a declaración de zonas tensionadas e por outra banda “poñerlle deberes aos concellos para que paguen eles”. Mentres, seguen sen dar unha resposta ao problema da Vivenda de Uso Turístico, que teñen que afrontar os concellos en solitario.

 

A parlamentaria socialista criticou ademais a “política sectaria” do goberno galego, que só promove vivenda pública en concellos do PP, mentres obrigan a que sexan os gobernos municipais os que tomen a iniciativa.

 

É o caso de Vigo, onde o PP negouse dende o goberno galego a financiar infraestruturas e o desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal, polo que é o propio goberno local o que ten que asumir en solitario un Plan de choque para mobilizar 13.000 vivendas baleiras. Tamén puxo o exemplo do Concello da Coruña, que terá que construír máis de 1.100 vivendas por iniciativa propia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG urxe á Xunta a impulsar unha estratexia galega de saúde das mulleres con perspectiva de xénero

Os socialistas propoñen mellorar o diagnóstico de enfermidades infradiagnosticadas nas mulleres, impulsar a investigación biomédica…

07/03/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro denuncia a inoperancia da Xunta en rehabilitación de vivenda: “O plan Rexurbe fai de todo menos rexurdir”

O secretario xeral do PSdeG criticou en Tui que os catro inmobles que o IGVS…

07/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG advirte da “nefasta política industrial” de Rueda: baixa execución, cero planificación e “o gran engano de Altri”

Patricia Iglesias insistiu en reclamar o “memorando secreto” asinado entre a pasteira e a sociedade…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica a xestión do Igape “continuísta” por parte do PP, que “fracasa no impulso do salto estrutural que precisa a industria galega”

Patricia Iglesias alerta de que Galicia medra menos que España e reduce a produtividade, e…

06/03/2026
  • Actualidade

Besteiro propón no Parlamento unha declaración institucional en defensa da paz e do dereito internacional: “Non á guerra”

O líder socialista traslada aos grupos parlamentarios unha proposta para que a Cámara galega reclame…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar canto antes o II Plan Galego contra a Trata, que acumula un ano de retraso

Paloma Castro reclámalle ao goberno galego que elimine as trabas administrativas que exclúen á maioría…

05/03/2026