Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de “tomarlle o pelo” ao Parlamento ao pedir comparecencia para facer propaganda

Carmen R. Dacosta denuncia que o secretario xeral de Emprego usa a comparecencia sobre o programa de axudas a autónomos para falar dos datos do paro ou “tódolos programas habidos e por haber”

 

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, acusou hoxe ao goberno galego de “tomarlle o pelo” ao Parlamento ao pedir comparecencias en Comisión para despois “falar de calquera cousa” allea á mesma e “facer propaganda”. Así o dixo na comparecencia do secretario xeral de Emprego supostamente para tratar o Programa de axudas a autónomos e despois falar dos datos do paro -non autónomo- e de “tódolos programas habidos e por haber”.

 

A responsable socialista afeoulle que empregara a intervención para ofrecer datos sesgados do emprego en febreiro, obviando a suba do desemprego nos menores de 25 anos, do esforzo inversor da Consellería no ano 2020, da mesa de Emprego Autónomo e demais asuntos á marxe do programa de axudas á contratación indefinida ou formación de asalariados.

 

Dacosta criticou a falla dunha aposta real do goberno galego polo emprego autónomo, ata o punto que Galicia é a segunda Comunidade Autónoma do Estado que máis autónomos perde en termos absolutos, só superada por Castela e León. Reclamoulle á Consellería de Emprego que lidere a posta en marcha dun Plan Integral para autónomos e autónomas que implique a todo o goberno galego de forma transversal.

 

Urxiu á necesidade dunha diagnose precisa da situación destes profesionais que representan o 20 por cento da ocupación de Galicia “sen que ata o momento tomaran medidas integrais e consensuadas”. Advertiu que o “goteo de peches de negocios deixa case 7.000 locais baleiros en Galicia”, cun impacto directo na actividade tanto no rural como nas contornas urbanas.

 

Reclamou un Plan de Relevo Xeracional e o apoio a medidas básicas como a redución da xornada laboral tamén neste sector, que “vai mellorar a vida do traballador e a situación das empresas”, incrementando a produtividade e a eficiencia de forma considerable. Reclamou finalmente unha liña de axudas directas de ata 6.000 euros para aquelas empresas de 5 empregados ou menos.

 

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026