Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de presentar o Pladiga “meses tarde, ás agochadas e sen autocrítica”

Carmen R. Dacosta critica que “substitúen a prevención real por propaganda e externalización” nun documento que repite os erros de 2025 e muda “presenta humana por cámaras e drons”

 

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, acusou hoxe ao goberno galego de presentar o Plan de Prevención contra os Incendios Forestais -Pladiga- de novo “meses tarde, ás agochadas e sen facer un mínimo de autocrítica”. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Defensa do Monte no Parlamento, onde Dacosta alertou de que o Plan repite os erros que provocaron que 2025 fora o peor ano de incendios da historia de Galicia.

 

A responsable socialista criticou que o goberno galego non teña aprendido “practicamente nada” do pasado verán e volveron aprobar o Pladiga tan fóra de prazo que xa tiñan rexistrado os primeiros incendios do ano na Laracha e Pontearas. Dacosta sinalou que o documento tiña que ter sido aprobado en outubro do ano pasado, pero agardaron ata o Consello do 13 de abril deste ano, “como se non existiran lumes de sexta xeración, brigadistas feridos nin aldeas cercadas polo lume”.

 

Advertiu que a comparecencia de hoxe provoca “un déjà vú”, que replica o mesmo escenario do ano pasado para presentar un Pladiga que “non aprende practicamente nada do sucedido en 2025”. Este documento  chega hoxe ao Parlamento, “tarde para planificar, para executar, para reaccionar e para asumir responsabilidades”, que volve desatender á prevención e converte o territorio “nun polvorín” cada verán.

 

Criticou que o goberno galego repite un ano máis un sistema “baseado na improvisación, na precariedade e na externalización”, recorrendo a dispositivos externos e temporais. Citou o caso “paradigmático” de Seaga, con 42 brigadas novas e 181 efectivos con contratos de 90 días de persoal “sen experiencia previa, con salarios inferiores e peores condicións laborais”, concentradas en Ourense, o que “evidencia que saben perfectamente que o operativo estrutural non chega”.

 

Explicou que están afrontando uns incendios do século XXI “cun operativo pensado para os incendios de hai trinta anos”. Explicou que “seguimos sen ordenación seria do territorio, sen prevención continua, sen profesionalización suficiente, sen avaliación independente nin autocrítica, mentres o rural permanece abandonado e acumulando biomasa sen limpar ano tras ano.

 

Advertiu que a Xunta substitúa a prevención real por “propaganda e externalización”, con menos presenza humana no territorio, deixando a vixilancia a cámaras e drons que “detectan unha porcentaxe  mínima” dos conatos de incendio que poden ver os profesionais. Dacosta esixiulle ao alto cargo que priorice a formación, coordinación, os equipamentos, a integración no operativo e a estabilidade dos equipos.

 

A responsable socialista esixiu un “cambio profundo de modelo” para establecer un servizo público “único, profesional, estable, coordinado, con formación continua, con presenza permanente no territorio e plenamente dependente da Xunta”. Reclamou un novo sistema con máis prevención real, estrutura pública, profesoinalización, planificación territorial, estabilidade laboral dos profesionais e máis adaptado ao territorio.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG entrega este domingo en Ourense os VII Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco

O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…

04/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “Ao mesmo tempo que vostede pedía eleccións para derrubar ao goberno, Pedro Sánchez traballaba para traer SAIC e emprego a Galicia”

O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…

03/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda que deixe de castigar aos concellos onde non goberna o PP e dote a Valdoviño do instituto que require o seu crecemento demográfico

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…

30/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta se nega a explicar o sistema “falaz” de cómputo de listas de espera sanitarias

Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…

28/05/2026
  • Actualidade

O Grupo socialista denuncia que a Xunta reduce as axudas para a contratación de mulleres de 7 a 2,5 millóns de euros

Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…

28/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia un “fraude de lei” por parte da CSAG ao contratar persoal á marxe do establecido no convenio e na normativa

Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…

28/05/2026