Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

O comisario de Pesca avánzalle a Besteiro o posible levantamento das restricións ao palangre para 2026

O secretario xeral do PSdeG explicou tras a súa reunión en Bruxelas con Costas Kadis que este lle trasladou “a impresión” de que a arte podería quedar fóra das prohibicións, e retomaríase así en 87 áreas do Atlántico “unha actividade pesqueira tan importante para Galicia”

O líder socialista tamén analizou co responsable comunitario a “preocupante” situación do marisqueo e o futuro das importacións desde terceiros países “no plano da trazabilidade, dos problemas de competitividade que xera e do impacto no mercado”

Instou á Comisión a ter en conta ao sector pesqueiro no desenvolvemento de proxectos enerxéticos no litoral: “Ten que haber unha convivencia e unha satisfacción dos intereses das comunidades que se dedican á pesca”

Dentro dun encontro que cualificou de “extraordinariamente positivo”, reclamou a modificación do Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 para que Europa non reduza o orzamento destinado ao sector “e que ademais se inclúa un fondo específico para a pesca”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, iniciou hoxe a última xornada da súa visita a Bruxelas cun encontro co comisario europeo de Pesca e Océanos, Costas Kadis, que cualificou de “extraordinariamente positivo”. Tal e como explicou despois o líder socialista, durante a reunión o comisario avanzoulle que o palangre podería saír da lista de artes prohibidas tendo en conta os novos informes científicos. A revisión está prevista para 2026.

Besteiro recordou que esta avaliación afecta ás 87 zonas do Atlántico cualificadas como ecosistemas mariños vulnerables, un ámbito no que Galicia ten un interese estratéxico. 

A Comisión dispón de novos datos científicos que avalan o que viña defendendo o Goberno de España: o palangre non dana os fondos mariños.

Kadis detallou que eses estudos deben ser certificados agora polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), que asesora á Comisión en materia de pesca. En caso de que este organismo os teña en conta, o comisario considera de que nese momento se levantaría o veto. Polo tanto, “a impresión” é que en se 2026 podería retomar unha actividade pesqueira tan importante para Galicia”, dixo Besteiro.

O  portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego tamén lle trasladou ao responsable europeo a situación “preocupante” do marisqueo e os efectos das importacións de produtos do mar desde terceiros países, “no plano da trazabilidade, dos problemas de competitividade que xera e do impacto no mercado”. A iso uniu a demanda de que Europa teña en conta ao sector pesqueiro en relación ao desenvolvemento de proxectos de xeración enerxética no litoral. Para o líder do PSdeG, “ten que haber unha convivencia e unha satisfacción dos intereses das comunidades que se dedican á pesca”, para que a instalación de dispositivos mariños de renovables non as prexudique.

En canto ao Marco Financeiro Plurianual 2028-2034, que se está a discutir neste momento, José Ramón Gómez Besteiro reclamou que o orzamento destinado ao sector non se reduza, “tal como contemplaba a Comisión”. Ao contrario, insistiu non só na necesidade de reforzalo, senón de que “ademais se inclúa un fondo específico para a pesca”.

Besteiro lembrou que Galicia “representa a metade da pesca en España e, por tanto, unha parte importantísima da Unión Europea”, polo que defendeu que a comunidade “non pode perder peso” no poder de decisión sobre eses fondos. Mostrou a súa oposición á “recentralización” que propón a Comisión, que sería “un erro”, e avogou por “darlles protagonismo ás comunidades autónomas” dentro dun dos principios que inspiraron a UE, “a participación activa das rexións na toma de decisións”.

Con motivo da xuntanza, José Ramón Gómez Besteiro entregoulle a Costas Kadis “un agasallo especial”, unha insignia da Festa do Bonito de Burela, que elaborou a Fundación Eu Son, da localidade mariñá.

Reunión con Teresa Ribera

Besteiro manterá un ultimo encontro na capital europea, neste caso con Teresa Ribera, antes regresar esta tarde a Galicia. Nel o secretario xeral do PSdeG e a vicepresidenta executiva da Comisión Europea para unha Transición Limpa, Xusta e Competitiva abordarán cuestións de interese para Galicia, como a necesidade de que o Marco Financeiro Plurianual teña en conta criterios de cohesión e equilibrio territorial en fondos clave, como o de competitividade, do que depende en boa medida a transición ecolóxica.

Analizarán tamén a integración de Galicia nos grandes corredores enerxéticos e do transporte, os desafíos da transición xusta no referido aos territorios e ás persoas e as oportunidades de desenvolvemento industrial sostible.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a nova Lei do Litoral da Xunta “abre as portas a usos impropios, a intereses económicos e reducir os estándares ambientais”

Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…

11/12/2025
  • Actualidade

COMUNICADO PSdeG

En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…

10/12/2025
  • Actualidade

Lara Méndez sinala que as informacións sobre o presunto acoso sexual en Lugo producen “tristeza” e “repugnancia” e anuncia un pronunciamento contundente do PSdeG

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, comezou a intervención…

10/12/2025
  • Secretaría Xeral

O PSdeG reúne apoios de federacións e agrupacións do PSOE e da UGT de toda España para que o Concello de Ferrol coloque a placa de Pablo Iglesias no lugar que merece

Os secretarios xerais galego e ferrolán participarán mañá en Madrid nos actos con motivo do…

08/12/2025
  • Actualidade

A Xunta volve incumprir a obriga legal de aprobar o Pladiga antes do 31 de outubro

Carmen R. Dacosta lamenta que o goberno galego “segue sen ter aprendido nada” da vaga…

08/12/2025
  • Actualidade

Patricia Iglesias: “Galicia volve liderar o retroceso industrial en España pola incompetencia da Xunta e a ausencia dunha estratexia real”

Desde o Grupo Socialista reclámase un cambio radical de enfoque: Galicia debe integrar a universidade,…

07/12/2025