Categorías: Actualidade

Noa Díaz reclama “autocrítica” da Xunta para reformular a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, reclamoulle hoxe á Xunta “parar, facer autocrítica e mudar a formulación” da malograda candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento logo da decisión da Xunta de aprazar a proposta logo dun informe do Icomos desaconsellando a proposta.

Díaz propuxo unha candidatura “máis realista e pegada ao territorio, traballada cos axentes sociais, económicos e culturais da Ribeira Sacra”, por canto estiveron excluídos desta candidatura presentada pola Xunta cun proxecto que nunca foi feito público. Segundo revela o informe do Icomos, a candidatura foi baseada no carácter sacro e relixioso da Ribeira Sacra e a súa espiritualidade milenaria, que para o organismo asesor era insuficiente para obter a declaración.

A responsable socialista reclamoulle á Xunta que “aprendan a lección e para a futura (re)presentación conten co movemento social e cultural da zona e cos propios concellos afectados, que non coñecían a estratexia formulada” polo goberno galego.

Sinala que “continúan a falar do ‘Plan Ribeira Sacra. Plan de Xestión da Paisaxe cultural’, anunciando 34 millóns de euros, pero “nada se sabe dese plan, nin das liñas de acción estratéxica, nin do destino das partidas, nin canto lle vai corresponder a cada Concello, en cada exercicio e de que Consellería”. Advirte de que “non poden fialo todo a un proxecto presentado aos Fondos Next Generation EU cando saben que é unha entelequia con máis incertezas que certezas”.

Preguntoulle ademais “cantas veces se reuniu a Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra, presentada como ferramenta clave na coordinación de accións para avanzar coas máximas garantías no desenvolvemento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade”.

Lembra que xa en 2017 o PSdeG “preguntaba no Parlamento sobre se o que semellaba a paralización do proceso obedecía aos problemas da delimitación da zona, polas protestas por falla de información, pola falla de informes e estudos ou polo rexeitamento por parte das actividades económicas dentro da zona delimitada”. Todas estas preguntas, lembra, eran “as que se facían os veciños e persoas interesadas sobre o silencio que rodeaba ao proceso de declaración”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41

Besteiro alerta de que o “escapismo” de Rueda co proxecto de Altri provoca “incertidume, medo e temor”, e esixe “claridade, información e transparencia”

O portavoz do Grupo Socialista sinala que a falla de política industrial do goberno galego, que tilda de “conformista”, derivou…

24/04/2024 12:02

O Grupo Socialista denuncia que 10.800 persoas faleceron en Galicia no último ano agardando pola prestación da Dependencia

Silvia Longueira advirte que o Tribunal Supremo obriga ao pago da Dependencia á familia dunha falecida   A portavoz de…

23/04/2024 18:36

O Grupo Socialista cualifica de “engano” a bolsa de estudo para as primeiras matrículas anunciada onte por Rueda

Critican o “xiro á ultradereita” do PP para “asumir o branqueamento do franquismo” e facer seguidismo das consignas negacionistas de…

23/04/2024 14:45

Besteiro esíxelle “máis ambición” a Rueda para ampliar a matrícula gratuíta aos estudos de Máster e fortaceler o financiamento das universidades

O portavoz do Grupo Socialista insta ao goberno galego a “poñerse as pilas” coa política de vivenda colaborando cos concellos…

22/04/2024 13:24