Categorías: Actualidade

María Pierres e Carmen Morante reclámanlle á Xunta que aporte fondos propios para o desenvolvemento da Lei de FP, “oportuna e imprescindible” para Galicia

A portavoz da Executiva do PSdeG, María Pierres, instou hoxe ao goberno galego a empregar fondos propios para complementar as partidas previstas polo Estado para o desenvolvemento da Lei de FP. A responsable socialista ofreceu un balance desta nova Lei “oportuna e imprescindible”, que foi aprobada o pasado 16 de decembro, xunto coa secretaria de Educación da Executiva do PSdeG, Carmen Fernández Morante.

Pierres sinalou que Galicia recibirá do Estado en torno ao 10 por cento da partidas destinadas ao desenvolvemento desta norma, na liña das aportacións recibidas xa en 2021, cando se elevaron ao 8,7 por cento das partidas para FP, 87 millóns de euros dos algo menos de 1.000 millóns distribuídos en todo o Estado. Sinalou que o desenvolvemento da nova normativa “só será posible se vai acompañada de recursos”.

A responsable socialista explicou que “ningún goberno mobilizou tantos recursos para a FP” como fixo o Executivo encabezado por Pedro Sánchez. Este ten destinado ata o momento un total de 2.200 millóns de euros procedentes do Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia co obxectivo de “sacar á FP do caixón do esquecemento” ao que a tiña relegado o goberno de Rajoy.

Salientou a “importancia estratéxica” dunha norma para garantir “traballo digno e ben remunerado” tamén para os galegos e galegas, que foi elaborada tendo en conta as aportacións do sector e das autonomías e que, apuntou citando á ministra Pilar Alegría, se trata dunha Lei que “ben merece unha Lexislatura”.

A secretaria de Educación do PSdeG, Carmen Fernández Morante, explicou que esta norma culmina a aposta pola Formación Profesional, que foi unha prioridade do goberno presidido por Pedro Sánchez dende o primeiro momento.

Explicou que esta norma habilita un novo catálogo de titulacións actualizadas e aliñadas co modelo de transformación e recuperación económica europeo e procedementos de acreditación e recoñecemento de competencias profesionais dos traballadores en activo.

Implanta ademais un catálogo modular que fixa itinerarios adaptables para permitir unha resposta rápida e flexible ás necesidades da empresa. Este novo modelo garante un enlace real e efectivo entre a Formación Profesional e o sistema universitario co obxectivo de establecer un “círculo bidireccional” que presente á FP como un elemento atractivo na formación permanente para os titulados universitarios.

Fernández Morante sinalou que o novo marco legal resolve unha reivindicación laboral histórica do profesorado técnico de FP de recoñecemento e equiparación salarial, habilitando a súa incorporación, previo cumprimento de criterios de titulación, ao corpo xeral de profesorado de secundaria, ademais a nova Lei crea o corpo de profesores especialistas en sectores singulares ao e impulsa a mellora da formación permanente do profesorado de FP e a innovación educativa.

Esta norma posibilita as dobres titulacións de FP, habilitando a formación simultánea en dous títulos diferentes e constrúe un modelo de formación dual real, cunha “formación coparticipada entre a empresa e o mundo educativo”, un aspecto que suporá un “reto para o sistema educativo e tamén para o tecido empresarial”.

Oposicións

A responsable socialista afeoulle ao goberno galego que estenda tamén á oferta pública de emprego o seu “plantexamento de confrontación” co goberno central e a inseguridade que está a xerar entre os opositores. Criticou que “saquen peito” das taxas de interinidade de Galicia cando mantén as ratios de alumnos por profesor máis altas do Estado, e a día de hoxe “tamén o relativo a horas docentes”, mantendo as condicións impostas en 2012 polo decreto Wert de medidas urxentes.

Explicou que a situación actual deriva precisamente da perda de persoal docente derivado do “recorte brutal” dos corpos pola aplicación en Galicia ao máximo posible da taxa de reposición cero imposta polo goberno de Rajoy, unido á súa falla de previsión diante do elevado número de xubilacións de profesorado en Galicia.

Reclamoulle ao goberno galego que “faga o que ten que facer” convocando unha OPE cun número axeitado de prazas aproveitando os fondos comunitarios que reforce a estabilidade laboral e reforce os corpos docentes. Reivindicou a redución das ratios de alumnos por profesor, que na situación actual complican o traballo dos profesores galegos, xa saturados polo excesivo horario docente, que vai en detrimento da calidade do ensino e da atención ás familias e alumnado con maiores necesidades.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica o feminismo como “motor xerador de dereitos e liberdades” na entrega dos premios de Igualdade do PSdeG ás futbolistas Vero Boquete e Paula Dapena

O portavoz do Grupo Socialista critica que Rueda desprace á Igualdade das prioridades do goberno e incumpra a paridade, e…

20/04/2024 13:41

O Grupo Socialista reclamaralle á Xunta no primeiro Pleno do Parlamento que cubra a pista polideportiva do CEIP Pontesampaio de Pontevedra

Paloma Castro visita o CEIP para denunciar a falla de resposta do goberno diante da petición da comunidade educativa para…

19/04/2024 16:44

O Grupo Socialista esíxelle á conselleira do Medio Rural que pida perdón aos galegos e ás galegas e rectifique de inmediato

Carmen Rodríguez Dacosta considera "inaceptable" que a nova conselleira diga que os incendios forestais van "no ADN dos galegos e…

19/04/2024 13:25

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que permita a renovación de profesorado nas universidades galegas

Julio Abalde urxe ao goberno galego a sumarse ao Programa de Incorporación de Talento Docente e Investigador para renovar a…

19/04/2024 12:41

Besteiro destaca o impulso de David Regades a “verdadeiras políticas industriais” á fronte da Zona Franca

O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse hoxe seguro de que a nova etapa…

19/04/2024 10:12

Xuventudes Socialistas: “As matrículas universitarias poderán ser gratuítas no próximo curso se Rueda quere”

A organización anunciou que a próxima semana debaterase no Parlamento de Galicia a súa PNL enfocada nos “problemas reais” do…

18/04/2024 13:09