Categorías: Actualidade

Luis Álvarez reclama no Parlamento que a Xunta manteña no próximo ano como mínimo o número de profesores do curso actual

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle á Consellería de Educación que como mínimo manteña o número de docentes contratados durante este curso. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista no Pleno do Parlamento de hoxe, e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista sinalou que “a pandemia puxo de manifesto as fortalezas do noso sistema educativo”, e explicou que “algunhas das medidas adoptadas con carácter extraordinario deben permanecer para consolidar o gran cambio que estamos a impulsar no noso sistema educativo”. Reclamou “converter a adversidade nunha oportunidade para acelerar a recuperación dun sistema educativo que se enfrontou á pandemia tras anos de recortes e enfraquecemento”.

Álvarez advirte de que a situación do próximo curso, mantendo as medidas de seguridade fronte á covid, aconsellan “o mantemento, cando menos, do mesmo número de profesores do curso que agora remata por motivos sanitarios e por dispoñer dos recursos económicos suficientes”. Aludiu a que a última Conferencia Sectorial aprobou manter a máscara obrigatoria nas aulas, grupos estables de convivencia ata 4º de Primaria e o reforzo as medidas de ventilación cruzada.

Apunta que “grazas ao esforzo de toda a comunidade educativa, os centros puideron manterse abertos e a situación foi de normalidade, tendo en conta a situación de crise sanitaria” e, engade, “a Xunta de Galicia non pode quebrar esa normalidade cando se lle aportarán os recursos para mantela”.

Segundo o goberno galego, este curso pasado incrementáronse 43 unidades en Infantil, 113 en Primaria, 425 en ESO e 127 en Bacharelato, ademais de 240 mestres e 1.058 profesores de Secundaria, incluíndo aquí os incrementos de oferta educativa non vencellados unicamente a necesidades derivadas da pandemia.

Fondos

O parlamentario socialista apunta que o goberno de España remitiulle a Galicia 103 millóns de euros para educación durante a covid – 19, dos cales 96,5 millóns corresponderon a transferencias directas para gastos extraordinarios. Estes fondos teñen como finalidade os gastos educativos, sinaladamente a contratación de profesorado, a habilitación de novos espazos e outras necesidades.

Advirte de que o PP e o goberno galego se teñen negado a ofrecer información detallada do destino dado pola Xunta aos fondos educativos, sinaladamente despois de que o propio Feijóo pedira explicitamente que “nos deixen tomar a decisión, que somos maiores de idade, de para que programas destinamos os fondos” (sic).

Ademais, sinala que o pasado 10 de febreiro foron analizadas as actuacións de Educación e FP do Plan de Recuperación que vén de ser aprobado pola Comisión Europea, e que contemplan 1.900 millóns para modernización da FP, 1.496 para dixitalización e 1.118 na prevención do abandono escolar. Estas partidas comprenden 124 millóns para a creación de 1.460 Unidades de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar do alumnado vulnerable”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro esixiralle a Rueda que explique a política industrial da Xunta

O Grupo Socialista centrará o primeiro Pleno da Lexislatura na situación do proxecto de Altri, Dependencia, taxas universitarias, Memoria Democrática…

16/04/2024 13:19

Besteiro critica que Rueda deseñe un goberno “de fieis” en detrimento da xesión política

Apunta que os cambios corresponden ás áreas nas que os socialistas “detectamos eivas na xestión” e reclamou pactos de país,…

15/04/2024 12:47

Besteiro invita ao novo presidente da Xunta a aproveitar o seu mandato para “mudar o conformismo pola ambición de país”

O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, pediullle hoxe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda,…

13/04/2024 17:26

O Grupo Socialista contrapón a Galicia “de fantasía” de Rueda co “baño de realidade” económica polo aumento do gasto e da débeda dos que alertou onte a Airef

Patricia Iglesias alerta de que a fiscalidade “para ricos” do PP deixa a Galicia con 150 millóns de euros menos…

12/04/2024 13:27

Os socialistas defenden para Alcoa os acordos nos que participaron os traballadores

A deputada socialista Patricia Otero defendeu hoxe os acordos da mesa de seguimento de Alcoa e insistiu na esixencia á empresa…

11/04/2024 18:46

Besteiro ofrece 5 grandes acordos de país: “eu creo no meu país, e por iso vou traballar pola Galicia que verdadeiramente pode ser”

O portavoz do Grupo Socialista ofrece propostas de pacto en vivenda, sanidade, desenvolvemento económico, defensa do galego e financiamento dos…

11/04/2024 14:38