Categorías: Actualidade

Lara Méndez: “Se non lembramos o noso pasado, estamos abocados a repetir os mesmos erros”

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista lembrou que hoxe “culmina un proceso iniciado hai case tres lustros, cando Ramón Villares, daquela presidente do Consello da Cultura Galega, propuxo a constitución da Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres”

 

Méndez sinalou a transcendencia deste avance institucional “cando vemos como o Partido Popular tenta, moitas veces, reinventar o pasado ao seu antollo”, polo que insistiu na importancia de preservar a memoria e o legado común de Galicia

 

A viceportavoz segunda do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, destacou esta mañá a relevancia institucional do acto de constitución da Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, celebrado en San Domingos de Bonaval. “Hoxe estamos ante un día que ten xa a súa páxina na memoria colectiva de Galicia”, sinalou.

Méndez lembrou que a creación da fundación culmina un proceso iniciado hai case tres lustros, cando Ramón Villares, daquela presidente do Consello da Cultura Galega, propuxo a constitución do patronato e o impulso dunha lei que agora se fai realidade. Un fito, dixo, que foi posible grazas ao consenso dos tres grupos parlamentarios.

 

A parlamentaria puxo en valor a pegada de figuras como Castelao e Rosalía de Castro, “que co seu compromiso e co seu traballo dignificaron a nosa lingua, nun momento no que o galego afronta serios retos e precisa ser defendido como parte esencial da nosa identidade e da nosa cultura”.

 

Sinalou a transcendencia deste avance institucional “cando vemos como o Partido Popular tenta, moitas veces, reinventar o pasado ao seu antollo”, polo que insistiu na importancia de preservar a memoria e o legado común de Galicia: “Se non lembramos o que fomos, estamos abocados a repetir os mesmos erros”.

 

“É un día satisfactorio, para celebrar e, sobre todo, para recoñecer o que nos une como pobo”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

O PSdeG percorre Galicia con DESDE-A-MARXE para dar visibilidade á cultura que queda fóra dos grandes circuítos

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, e  a deputada responsable de…

16/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG leva ao Parlamento a voz dos case 400.000 galegos e galegas atrapados nas listas de espera sanitarias pola parálise da Consellería

A deputada Elena Espinosa denuncia que os tempos de espera son os peores da última…

15/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG critica o “silencio cómplice” de rueda ante a guerra e esíxelle que se sitúe do lado da paz e do dereito internacional

Lara Méndez insta a Rueda a facer menos seguidismo de Feijóo e reclámalle ao goberno…

14/03/2026
  • Actualidade

A Xunta segue sen pagar as axudas “de emerxencia” para alimentación de gando e apoio aos apicultores nas zonas afectadas polos lumes de agosto

Carmen R. Dacosta esixe “menos burocracia e máis rapidez nas axudas” para os gandeiros que…

13/03/2026
  • Actualidade

Méndez denuncia que a Xunta non ten nin un só Plan concreto para defender o campo galego fronte ao recorte da PAC e o acordo Mercosur

A deputada socialista esixe ao director xeral da PAC de Medio Rural que deixe de…

13/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que o “desacordo entre PP e BNG na elección do vicevaledor do pobo provoca o “bloqueo” e “desprestixio” da institución

Aitor Bouza aféalles a exclusión do Grupo Socialista no proceso de diálogo para a renovación…

13/03/2026