Categorías: Actualidade

Lara Méndez: “O ano de Rueda non pode ser máis decepcionante: cero proxectos, cero xestión e cero respostas”

A viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista criticou que “non só é que o PP non faga nada, é que o pouco que fai, faino mal. E non o dicimos nós: cada informe do Consello de Contas é unha labazada á xestión do Partido Popular”

Advertiu tamén da preocupante falta de liderado de Rueda, máis centrado na súa imaxe pública e no control dos medios a través dunha nova lei que en exercer a presidencia da Xunta con responsabilidade. “Cando Galicia precisa un presidente que dea un paso adiante, Rueda agocha a cabeza”

Méndez iniciou a súa intervención cun saúdo republicano, lembrando o 14 de abril como unha data para homenaxear a todas as persoas que loitaron pola liberdade, a solidariedade e a igualdade. E tivo palabras de especial afecto para as vítimas do franquismo, “moitas das cales seguen hoxe nas cunetas”

Cando se cumpre un ano da investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, o balance do seu goberno non pode ser máis decepcionante: cero proxectos, cero xestión e cero respostas aos problemas reais da cidadanía galega”.

A viceportavoz segunda do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, cualificou este ano de mandato como demoledor para Galicia. “Non só é que o PP non faga nada, é que o pouco que fai, faino mal. E non o dicimos nós: cada informe do Consello de Contas é unha labazada á xestión do Partido Popular, en sanidade, en transparencia, en financiamento local…”, sinalou.

Advertiu tamén da preocupante falta de liderado de Rueda, máis centrado na súa imaxe pública e no control dos medios a través dunha nova lei que en exercer a presidencia da Xunta con responsabilidade. “Cando Galicia precisa un presidente que dea un paso adiante, Rueda agocha a cabeza”, afirmou, lembrando a súa inacción ante cuestións claves como a condonación da débeda, na que simplemente obedeceu a Madrid, ou a crise dos aranceis, na que segue calado mentres outros gobernos autonómicos xa puxeron medidas enriba da mesa.

Durante a súa intervención, Lara Méndez puxo o foco nos dous temas que máis preocupan á cidadanía: a sanidade pública e o acceso á vivenda. A día de hoxe, dixo, “máis de 220.000 galegos e galegas están esperando por unha cita cun especialista, e case 51.000 por unha cirurxía. Falamos de persoas que viven con dor, con incerteza, que senten que a Xunta lles deu as costas. A atención primaria está colapsada, e en moitos centros de saúde non hai pediatras”, denunciou.

O PP nega a realidade aínda que lles caia o teito enriba

“Chegamos ao esperpento de escoitar a Rueda dicir que a sanidade funciona perfectamente… mentres se cae o teito do hospital de Ourense. Iso é o modelo do PP: negar a realidade aínda que lles caia enriba”, sinalou Méndez.

En canto á vivenda, a situación tampouco admite maquillaxe. Desde 2015, o prezo do alugueiro en Galicia subiu un 58%, mentres os salarios só medraron un 25%. A mocidade galega está obrigada a entregar case a metade do seu salario para poder alugar un piso. Isto é simplemente insostible para quen queira vivir con dignidade no noso país.

Fronte a este panorama, Méndez puxo en valor o traballo dos e das socialistas, que están nas rúas, nos concellos, no Parlamento e nas solucións. “Compartimos as inquedanzas da xente e non miramos cara outro lado. Mentres o PP dorme, nós propoñemos. Mentres outros fan cálculos partidistas, nós poñemos os intereses de Galicia por diante”, subliñou.

Apoio a Pilar Alegría

A deputada tamén trasladou unha mensaxe de apoio á ministra Pilar Alegría, tras facer públicos os insultos e ameazas machistas que está a sufrir nas redes polo simple feito de defender con convicción os valores que unen á familia socialista. “Por moito que algúns pensen o contrario, hai liñas que non se deben cruzar. Non todo vale. Toda a nosa solidariedade e apoio para Pilar”, concluíu.

Lara Méndez iniciou a súa intervención cun saúdo republicano, lembrando o 14 de abril como unha data para homenaxear a todas as persoas que loitaron pola liberdade, a solidariedade e a igualdade. Tivo palabras de especial afecto para as vítimas do franquismo, moitas das cales seguen hoxe nas cunetas, cun chamamento á memoria, á dignidade e á xustiza.

No caso dos aranceis, Rueda vai tarde, mal e a rastro

A preguntas dos xornalistas, a socialista referiuse tamén á xestión do Goberno galego ante a crise dos aranceis e a reunión que varios conselleiros terán hoxe en Santiago con parte do sector afectados. Lembrou que outras comunidades autónomas xa están a implementar medidas complementarias para apoiar os sectores afectados, mentres en Galicia seguimos sen noticias claras. “O señor Rueda convoca agora unha reunión, onde non vai a estar,  que chega tarde e sen garantir que se vaian tomar decisións concretas.

“O noso portavoz, José Ramón Gómez Besteiro tendeulle a man para acadar acordos de país, pero Rueda prefire non sentarse a dialogar. Agora, sinalou Méndez, “ vai tarde, vai mal e vai a rastro. Isto tamén é un síntoma da falta de proxecto político para Galicia”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

O PSdeG percorre Galicia con DESDE-A-MARXE para dar visibilidade á cultura que queda fóra dos grandes circuítos

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, e  a deputada responsable de…

16/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG leva ao Parlamento a voz dos case 400.000 galegos e galegas atrapados nas listas de espera sanitarias pola parálise da Consellería

A deputada Elena Espinosa denuncia que os tempos de espera son os peores da última…

15/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG critica o “silencio cómplice” de rueda ante a guerra e esíxelle que se sitúe do lado da paz e do dereito internacional

Lara Méndez insta a Rueda a facer menos seguidismo de Feijóo e reclámalle ao goberno…

14/03/2026
  • Actualidade

A Xunta segue sen pagar as axudas “de emerxencia” para alimentación de gando e apoio aos apicultores nas zonas afectadas polos lumes de agosto

Carmen R. Dacosta esixe “menos burocracia e máis rapidez nas axudas” para os gandeiros que…

13/03/2026
  • Actualidade

Méndez denuncia que a Xunta non ten nin un só Plan concreto para defender o campo galego fronte ao recorte da PAC e o acordo Mercosur

A deputada socialista esixe ao director xeral da PAC de Medio Rural que deixe de…

13/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que o “desacordo entre PP e BNG na elección do vicevaledor do pobo provoca o “bloqueo” e “desprestixio” da institución

Aitor Bouza aféalles a exclusión do Grupo Socialista no proceso de diálogo para a renovación…

13/03/2026