Categorías: Actualidade

Julio Torrado propón abordar unha estratexia conxunta a longo prazo e con carácter permanente para salvar a produción marisqueira da ría de Arousa

O voceiro de Marisqueo do Grupo Socialista sinala que existe “capacidade, coñecemento e vontade por parte do sector”, pero “falla que a Xunta asuma que as cousas non van ben e as cambie”

O PP rexeita a proposta socialista, malia que “os datos evidencian que a situación na ría de Arousa está peor que hai uns meses”

O voceiro de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, propuxo hoxe abordar unha estratexia conxunta a longo prazo e con carácter permanente para salvar a produción da ría de Arousa. A proposición non de lei socialista, presentada hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento, foi rexeitada polo PP.

“Os datos evidencian que a situación na ría de Arousa está peor que hai uns meses”, alertou o responsable socialista tras sinalar que a “acción política” da Xunta “non está funcionando” porque dende a Xunta “están burocratizando o sistema” e “pretenden recuperar unha ría pasando papeis dende un despacho en Santiago”.

Así, o vicevoceiro socialista lamentou a “inacción” da Xunta do PP e lembrou que cando Feijóo accedeu ao goberno hai 12 anos “existían máis de 6.400 permisos marisqueiros” e, entón “prometeron acadar os 8.000”, pero agora “estamos en menos de 4.000”. “A tendencia evidencia que estamos caendo en termos globais e non só en termos puntuais”, subliñou, polo que “estamos nunha situación grave” para un sector “vital” para Arousa.

Neste sentido, despois de que no mes de decembro a Consellería de Pesca recoñecese na Cámara galega que a situación da ría de Arousa “non é a mellor”, Torrado criticou que o PP sinale agora que existe un “deliberado falseamento da realidade” ao respecto da produción da ría. “Por unha vez que a Xunta e PSdeG estamos de acordo nunha cousa, o PP non”, lamentou o socialista, quen sinalou que “a realidade é inegable”, xa que “cada vez hai menos molusco”.

“Ata onde imos chegar?”, preguntou Torrado. “Existe capacidade, coñecemento e vontade por parte do sector”, incidiu Torrado, quen sinalou que “falla que a Xunta asuma que as cousas non van ben e as cambie”. Neste sentido, incidiu na importancia de “construír unha estratexia común” co sector, cos investigadores e coa administración, xa que “necesitamos contar con todos, pero sobre todo con quen ten a responsabilidade principal: a Xunta”.

Por todo isto, instou ao goberno galego a “abrir unha mesa de traballo” que permita a todos os axentes implicados traballar nunha “proposta en positivo” e “poñendo todos os esforzos no mesmo sentido”; así como a “poñer fondos” para afrontar unha “política transformadora” porque “de nada vale falar sobre isto se o sector queda sen ferramentas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro compromete unha oposición “firme e construtiva” afastada da “pouco edificante” estratexia “destrutiva” do PP en Madrid

O portavoz do grupo Socialista apunta que a Xunta “terá que informar” sobre a viabilidade ambiental e económica do proxecto…

25/03/2024 13:40

Besteiro desafía a Rueda a apoiar os Orzamentos no Estado e subliña que Galicia recibirá unha transferencia histórica de máis de 10.000 millóns de euros

Presenta o máximo de avais como candidato á secretaría xeral do PSdeG no último trámite antes da súa proclamación definitiva…

22/03/2024 13:33

Os socialistas galegos apoian na eurocámara o novo Regulamento que reforza a prevención e loita contra os vertidos de pélets plásticos

Nicolás González Casares sinala que o informe ratificado pola Comisión de Medio Ambiente obriga a adoptar medidas para previr, conter…

19/03/2024 15:25

Besteiro compromete unha oposición “con ambición de país” que dea “voz a tódalas galegas e galegos en deixar a ninguén atraś”

O responsable do Grupo Socialista sinala que a presenza de Patricia Iglesias como vicesecretaria da Mesa representa a pluralidade da…

18/03/2024 13:47

José Ramón Gómez Besteiro é o único candidato á Secretaría Xeral do PSdeG

Rematado o prazo previsto para  presentación de candidaturas, comeza o proceso de recollida de avais, que se prolongará ata o…

14/03/2024 15:12

A Executiva do PSdeG aproba o calendario de primarias e o Congreso Extraordinario

Este luns ábrese o proceso de presentación de precandidaturas ás primarias para secretario xeral do PSdeG   A xornada de…

09/03/2024 11:49