Categorías: Actualidade

Julio Abalde censura a “inoperancia” da Consellería de Vivenda: en 3 anos só entregaron 2 dos 49 pisos programados no Plan Rexurbe de Ferrol

Esíxelle ao goberno galego que “deixen de vender fume e comecen a vender xestión e poñer realidades enriba da mesa”

 

O parlamentario socialista Julio Abalde cualificou hoxe de “inoperante e incapaz” á Consellería de Vivenda, que en 3 anos de xestión só puido entregar 2 dos 49 pisos programados en Ferrol para ser rehabilitados baixo o Plan Rexurbe. O responsable socialista presentou unha pregunta oral  na Comisión de Obras Públicas para esixirlle á Xunta que “deixen de vender fume e comecen a vender xestión”.

 

Abalde advertiu que a este ritmo o goberno galego non vai ser capaz de sacar ao mercado o 80 por cento dos pisos previstos no ano 26, polo que lles esixiu que “deixen de facer anuncios e informes e poñan realidades enriba da mesa. Advertiu que o Rexurbe é competencia exclusiva da Xunta, que ao quedar sen escusas para acusar ao goberno central ou aos concellos demostra a súa “falla de previsión, planificación e programación”.

 

O parlamentario socialista preguntoulle ao goberno galego pola execución do programa Rexurbe en Ferrol, no que a Xunta adquiría inmobles para rehabilitar e alugar a prezos accesibles. Explicou que este convenio foi asinado en agosto de 2023 para poñer no mercado 49 vivendas nun prazo de 15 meses, pero en pleno 2025 só remataron dúas vivendas e teñen outras 5 pendentes de entregar, moi lonxe do obxectivo inicial.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a falla de información da Xunta provoca que o 40 por cento dos galegos que poderían recibir axuda á Dependencia non a pidan

Silvia Longueira lamenta que o goberno galego evita dedicar recursos “de forma sistemática e seria…

19/06/2025
  • Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros a que acorden a mellora da seguridade na estrada que cruza o Couto

Julio Abalde reclama que “deixen de utilizar aos veciños e veciñas como arma arreboladiza” e…

19/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista sinala que o director xeral da CRTVG despídese logo de desbotar unha xeración enteira de xornalistas pola “censura, manipulación informativa e represión interna”

Silvia Longueira denuncia que nos últimos 16 anos “roubóusenos a Galicia a oportunidade de ter…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de politizar a designación de directores e directoras territoriais antes reservada a empregados públicos

Patricia Iglesias advirte que queren impoñer unha administración “colonizada por cargos políticos” e consolidar as…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia a “equidistancia” do PP logo de que rexeiten no Parlamento unha proposta de apoio ao pobo palestino e contra a actuación de Israel

Paloma Castro reclámalle ao PP que atenda á petición unánime da poboación que se está…

18/06/2025
  • Actualidade

Besteiro insta a Rueda a sumarse ao plan de vivenda do Goberno e defender así os intereses dos galegos e galegas, “e non os de Feijoo”

O secretario xeral do PSdeG sinalou que o Estado incorporará 380 millóns de euros a…

18/06/2025