Categorías: Actualidade

Juan Carlos Francisco Rivera critica a “opacidade” da Xunta con respecto aos fondos europeos: “Deixen a propaganda e a confusión permanente”

Urxe ao goberno galego a “formalizar un gran acordo de país” con forzas políticas e axentes socioeconómicos para “impulsar e transformar a economía”

O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, vén de criticar a “opacidade” da Xunta con respecto aos fondos europeos Next Generation cando “evitan aclarar en que consisten os 354 proxectos anunciados”. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta ao goberno galego.

“Deixen a propaganda e a confusión permanente”, sentenciou o responsable socialista, logo de censurar a falla de información sobre os proxectos europeos que “non coñecemos nin as forzas políticas nin o conxunto da cidadanía galega”.

Así, lembrou que o pasado 25 de marzo, o presidente da Xunta anunciou que dera “luz verde” a 354 proxectos para os optar aos fondos Next Generation por importe de 20.000 millóns de euros, dos cales 107 estarían respaldados por algún tipo de iniciativa empresarial e o resto sería do ámbito administrativo.

“Nin nesa rolda de prensa nin con posterioridade se explicou en que consisten eses proxectos nin que empresas están detrás dos mesmos”, lamentou o responsable socialista, quen incidiu na “relevancia” desta cuestión “para o futuro de Galicia”.

PRECÍSASE “UN GRAN ACORDO DE PAÍS”

Por todo isto, Francisco instou á Xunta a “propiciar un gran acordo de país” con forzas políticas e axentes socioeconómicos para “impulsar e transformar a economía de Galicia”. Así, subliñou, este debería basearse “na transparencia e no diálogo” e “deixando atrás a opacidade” que caracterizou o proceso ata o agora.

“Aspirabamos a que no Parlamento de Galicia se constituíse unha comisión non permanente, ponencia ou organismo no que puidese participar o conxunto do país en torno aos fondos europeos, pero nada disto ten acontecido”, lamentou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica o feminismo como “motor xerador de dereitos e liberdades” na entrega dos premios de Igualdade do PSdeG ás futbolistas Vero Boquete e Paula Dapena

O portavoz do Grupo Socialista critica que Rueda desprace á Igualdade das prioridades do goberno e incumpra a paridade, e…

20/04/2024 13:41

O Grupo Socialista reclamaralle á Xunta no primeiro Pleno do Parlamento que cubra a pista polideportiva do CEIP Pontesampaio de Pontevedra

Paloma Castro visita o CEIP para denunciar a falla de resposta do goberno diante da petición da comunidade educativa para…

19/04/2024 16:44

O Grupo Socialista esíxelle á conselleira do Medio Rural que pida perdón aos galegos e ás galegas e rectifique de inmediato

Carmen Rodríguez Dacosta considera "inaceptable" que a nova conselleira diga que os incendios forestais van "no ADN dos galegos e…

19/04/2024 13:25

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que permita a renovación de profesorado nas universidades galegas

Julio Abalde urxe ao goberno galego a sumarse ao Programa de Incorporación de Talento Docente e Investigador para renovar a…

19/04/2024 12:41

Besteiro destaca o impulso de David Regades a “verdadeiras políticas industriais” á fronte da Zona Franca

O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, mostrouse hoxe seguro de que a nova etapa…

19/04/2024 10:12

Xuventudes Socialistas: “As matrículas universitarias poderán ser gratuítas no próximo curso se Rueda quere”

A organización anunciou que a próxima semana debaterase no Parlamento de Galicia a súa PNL enfocada nos “problemas reais” do…

18/04/2024 13:09