Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Galicia quedou ás escuras e cunha única autoridade ao pé do cañón toda a noite: o Delegado do Goberno, con Rueda desaparecido

“É vostede un presidente ausente dun goberno ausente. Que non responde e que non defende á súa xente”, reprochoulle o líder do PSdeG ao titular da Xunta, tras preguntarlle onde estaba mentres o delegado do Goberno coordinaba a emerxencia, “porque el si se quedou toda a noite, en nivel 2 e en nivel 3”

 

Besteiro tamén criticou a falta de impulso ás renovables, acusando ao presidente de obedecer intereses alleos a Galicia: “A aposta do seu partido agora son as nucleares. gustaríanos saber se esa é a postura do presidente da Xunta e en que lugar de Galicia se podería situar esa central nuclear”

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou a sesión de control deste mércores no Parlamento para denunciar o que cualificou como “apagón político” do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante a emerxencia que viviu Galicia. “Ve esta foto?”, preguntoulle mentres amosaba unha imaxe do delegado do Goberno no CECOPI, “coordinando, traballando e respondendo TODA A NOITE”. E engadiu: “Onde estaba vostede cando Galicia pasou a nivel 3? Eu non me tería ido, señor Rueda”.

 

Besteiro cualificou a Rueda como “un presidente ausente dun goberno ausente. Que non responde, que non defende á súa xente”. E vinculou esa ausencia co retroceso de Galicia en emprego e oportunidades: “Estamos a perder posicións mentres o resto do Estado avanza, e vostede mira para outro lado”.

 

Censurou que a Xunta permaneza inactiva mentres o PP rexeita fondos do Goberno central que poderían beneficiar empresas e traballadores. “Abandona porque Feijóo votou non ás axudas para compensar os efectos da guerra comercial de Trump, aínda que iso poida supoñer a perda de 14.100 millóns de euros”.

 

Tamén criticou a falta de impulso ás renovables, acusando ao presidente de obedecer intereses alleos a Galicia: “A aposta do seu partido agora son as nucleares gustaríanos saber se esa é a postura do presidente da Xunta e en que lugar de Galicia se podería situar esa central nuclear”.

 

O líder socialista centrou parte da súa intervención no emprego e nomeadamente na desigualdade de acceso ao mercado laboral da mocidade galega: “Onde naces decide o teu futuro. Galicia está a xerar unha clase traballadora pobre”. E lembrou o Plan de Primeira Oportunidade presentado polo PSdeG para garantir que a xente nova poida iniciar a súa carreira profesional con estabilidade.

 

“Non lle pedimos imposibles. Pedimos vontade política. Pedimos un presidente presente”, concluíu, recuperando o fío da imaxe como símbolo: “Porque a imaxe que lle mostrei antes é un símbolo do seu abandono como presidente que defende a Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG urxe á Xunta a impulsar unha estratexia galega de saúde das mulleres con perspectiva de xénero

Os socialistas propoñen mellorar o diagnóstico de enfermidades infradiagnosticadas nas mulleres, impulsar a investigación biomédica…

07/03/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro denuncia a inoperancia da Xunta en rehabilitación de vivenda: “O plan Rexurbe fai de todo menos rexurdir”

O secretario xeral do PSdeG criticou en Tui que os catro inmobles que o IGVS…

07/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG advirte da “nefasta política industrial” de Rueda: baixa execución, cero planificación e “o gran engano de Altri”

Patricia Iglesias insistiu en reclamar o “memorando secreto” asinado entre a pasteira e a sociedade…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica a xestión do Igape “continuísta” por parte do PP, que “fracasa no impulso do salto estrutural que precisa a industria galega”

Patricia Iglesias alerta de que Galicia medra menos que España e reduce a produtividade, e…

06/03/2026
  • Actualidade

Besteiro propón no Parlamento unha declaración institucional en defensa da paz e do dereito internacional: “Non á guerra”

O líder socialista traslada aos grupos parlamentarios unha proposta para que a Cámara galega reclame…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar canto antes o II Plan Galego contra a Trata, que acumula un ano de retraso

Paloma Castro reclámalle ao goberno galego que elimine as trabas administrativas que exclúen á maioría…

05/03/2026