A decisión foi comunicada á secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, para o seu traslado aos deputados e deputadas provinciais socialistas na Deputación de Lugo aos efectos oportunos
A Comisión Federal de Listas do PSOE ratificou a proposta formulada polo PSdeG-PSOE para que Carmela López Moreno sexa a candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo.
A ratificación produciuse na reunión da Comisión Federal de Listas, no marco do procedemento establecido nos Estatutos Federais e no Regulamento Federal de Desenvolvemento, unha vez elevada a proposta acordada polos órganos do PSdeG.
A decisión foi comunicada á secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, para o seu traslado aos deputados e deputadas provinciais socialistas na Deputación de Lugo aos efectos oportunos.
Carmela López Moreno é alcaldesa de Burela e deputada provincial, ámbito no que vén destacando pola defensa dun modelo de desenvolvemento equilibrado para A Mariña e para o conxunto da provincia, cunha aposta clara polo fortalecemento dos servizos públicos, o apoio aos concellos e a cohesión territorial.
Dende o PSdeG subliñan que esta ratificación permite avanzar na conformación dun proxecto sólido para unha Deputación útil, próxima e comprometida coa igualdade de oportunidades en toda a provincia de Lugo.
A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…
Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…
Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…
Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…
Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…