A deputada socialista alerta de que cada rebaixa fiscal do Partido Popular é un recorte encuberto aos dereitos da maioría social
A deputada socialista Elena Espinosa advertiu que o anuncio de onte do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, sobre novas rebaixas fiscais nos próximos orzamentos da Xunta confirma unha vez máis que o Goberno de Alfonso Rueda prioriza aos que máis teñen.
“Rebaixas a quen? A quen máis ten, como veñen facendo nos últimos anos?”, sinalou Espinosa, quen lamentou que o Executivo galego “baixe impostos aos máis ricos mentres se disparan as listas de espera en sanidade e dependencia, mentres faltan profesores de apoio nos centros educativos, mentres seguen sen cubrirse as prazas de bombeiros forestais e mentres se obriga aos concellos a asumir competencias impropias sen financiamento”.
A deputada socialista lembrou que baixar impostos significa ter menos recursos para quen máis os necesita, o que implica “recortar en dereitos e en igualdade de oportunidades”.
Nesta liña, acusou ao Goberno de Rueda de falar de estabilidade económica mentres abandona os servizos públicos e ás persoas máis vulnerables: “Cada euro que deixan de ingresar para favorecer aos máis acomodados é un euro menos para garantir atención médica, dependencia, educación ou servizos municipais. Esa é a súa prioridade: o beneficio duns poucos fronte ao benestar da maioría”, sinalou.
O líder socialista levou ao Parlamento a voz das 22.700 persoas sen vivenda pública, das…
O líder socialista criticou que Alfonso Rueda “deixou de exercer como presidente de Galicia para…
Lara Méndez considera que as iniciativas do goberno galego son “insuficientes” para chegar ao obxectivo…
Carmen R. Dacosta acusa á Xunta de ocultar ata onte os datos que confirman o…
A vivenda foi un asunto prioritario nas reunións de Besteiro na Comisión e no Parlamento…
Paloma Castro leva ao Parlamento a reclamación do deporte galego para revisar o protocolo que…