Categorías: Actualidade

Carmen R. Dacosta denuncia “complicidade” da Xunta no “sistema de acoso laboral institucionalizado” no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Censura que o goberno galego non teña feito “nada” diante do “clima laboral tóxico, comportamentos autoritarios, discriminacións internas e prácticas contrarias aos dereitos fundamentais” no ente

 

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, denunciou hoxe no Parlamento a “complicidade” da Xunta co “sistema de acoso laboral institucionalizado” do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo -CIAM-. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Agricultura na que acusou ao goberno galego de non ter feito “nada” diante da situación interna do Centro.

 

Dacosta presentou o caso concre4to dunha investigadora á que en xuño de 2024 lle negaron inicialmente a prolongación do servizo activo en base ao informe desfavorable do Xefe de área de Formación, Innovación e Investigación Agraria. Explica que aquel informe demostrouse posteriormente que contiña “falsidades e acusacións implícitas que lesionaban gravemente a honra e reputación profesional” da investigadora.

 

A traballadora replicou desmentindo o informe “punto por punto” e denunciando unha situación de acoso laboral continuado sobre ela e varias traballadoras do órgano, co que o recurso foi estimado e a prórroga foi finalmente concedida. Sen embargo, denuncia que a actuación da Xunta quedou neste punto, xa que “non abriu expediente informativo, nin investigou nin iniciou o protocolo de acoso”.

 

Dacosta acusou ao goberno galego de “mirar para outro lado”, converténdose en “cómplice” desta situación denunciada polos traballadores e traballadoras do CIAM, que teñen advertido da existencia dun “clima laboral tóxico, comportamentos autoritarios, discriminacións internas e prácticas contrarias aos dereitos fundamentais”.

 

Lembroulle ao goberno galego que teñen “a obriga” de actuar fronte a “posibles condutas incompatibles cunha función pública exercida con garantías”, e esixiu a apertura dunha investigación sobre este presunto caso de acoso laboral e que investiguen os feitos denunciados pola plantilla.

 

Finalmente, a responsable socialista reclamou un plan real e efectivo para garantir o futuro do CIAM como centro de referencia da investigación agraria en Galicia e en España e que rematen co “progresivo abandono e desmantelamento” do órgano por parte da Xunta. Lembrou que entre 2008 e 2021 eliminaron sete prazas de persoal de campo e outras nove permanecen vacantes dende hai anos, ademais da falla de cobertura de baixas e permisos, que resolven sobrecargando ao persoal.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Besteiro aposta polo pacto verde para resituar a Galicia no liderado da transición enerxética que perdeu polo PP

No encontro que o líder socialista mantivo con Teresa Ribera, esta mostrouse “plenamente consciente” da…

13/11/2025
  • Actualidade

O PP racha o consenso do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para defender o modelo desigual da Xunta de Galicia

Os populares votaron no Senado contra unha moción do Grupo Socialista sobre axudas á vivenda…

13/11/2025
  • Secretaría Xeral

O comisario de Pesca avánzalle a Besteiro o posible levantamento das restricións ao palangre para 2026

O secretario xeral do PSdeG explicou tras a súa reunión en Bruxelas con Costas Kadis…

13/11/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que garanta transporte público adaptado para as persoas con discapacidade

Carlos López Font alerta de que a Xunta incumpre a normativa que regula a accesibilidade…

13/11/2025
  • Actualidade

Besteiro: “Os socialistas non imos parar ata que o galego teña voz en Europa como lingua oficial, algo que só o PP segue a frear”

O secretario xeral do PSdeG  emprazou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a “poñerse do…

12/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro destaca que Europa comparte a preocupación polo parón das renovables en Galicia e insta a Rueda a traballar e planificar

O secretario xeral do PSdeG destacou que na Comisión son conscientes do atraso galego en…

12/11/2025