Categorías: Actualidade

Carlos López Font: “Que saiba a veciñanza da Costa da Morte e do Val Miñor que a Xunta lle nega nas súas autoestradas as bonificacións do 75 % que hai na AP-9 e na AP-53”

O deputado do PSdeG valorou que o Goberno central iniciou en 2021 o camiño para eliminar as peaxes da AP-9 e a AP-53 e criticou que Rueda apenas ofreza descontos na AG-55 (A Coruña-Carballo) e na AG-57 (Puxeiros-Val Miñor)

“O discurso do PP sobre as autoestradas é hipócrita: regalaron 300 millóns ás construtoras rescatando catro autovías polas que non se pagaban peaxes en vez de empregalos en favorecer a economía dos galegos e galegas, como fai o Estado”, censurou o socialista

O Grupo Socialista reclamoulle hoxe á Xunta que trace unha folla de ruta para acadar a gratuidade das dúas autoestradas de titularidade autonómica nas que os usuarios e usuarias están a pagar por circular cos seus vehículos, a AG-55 (A Coruña-Carballo) e a AG-57 (Puxeiros-Val Miñor). O portavoz socialista de infraestruturas, Carlos López Font, preguntoulle hoxe no pleno ao Goberno galego “cando pensa iniciar as accións necesarias para conseguir a eliminación das peaxes” en ambas vías. E criticou a negativa da conselleira a comprometerse con esa medida. “Que saiban os habitantes da Costa da Morte e do Val Miñor que a Xunta lles nega para as súas autoestradas as bonificación do 75 % que hai na AP-)”, advertiu.

O deputado do PSdeG sinalou que en Galicia hai que pagar peaxe en catro autoestradas. Nas dúas que son estatais faise “porque Aznar ampliou a concesión 25 anos, ata o 2048”. Por iso lamentou que, “se non tivera gobernado Aznar, levaríamos máis de ano e medio sen pagar”. Pola contra, levamos máis de ano e medio da condena de 25 anos da que é responsable o PP”. Porén, o Goberno socialista de Pedro Sánchez iniciou en 2021 “un camiño co horizonte de chegar á gratuidade pola vía das bonificacións progresivas”. O resultado é que na actualidade os descontos alcanzan xa o 75 % para os usuarios recorrentes non só da Autoestrada do Atlántico, senón tamén na AP-53 (Santiago-Dozón). Neste último caso, os condutores e condutoras que pagaban 280 euros ao mes pasarán a aboar só 70 a partir de agora.

Pero o camiño cara a gratuidade “que hai que recoñecerlle ao Goberno do Estado” non o está a percorrer a Xunta de Galicia, que nas autoestradas das que é titular aplica unhas bonificacións moi inferiores. Con todo, e pese á negativa da conselleira, Carlos López Font esixiulle ao Executivo galego que dea unha data para iniciar a eliminación desas peaxes.

O parlamentario socialista lembrou que a AG-55 e a AG-57 dan servizo a ámbitos territoriais moi importantes, en comarcas moi poboadas, cun elevado número de empresas e con numerosos desprazamentos por traballo. Tratase de territorios que o Goberno de Rueda “está discriminando claramente” mentres reclama a gratuidade da AP-9 ao Executivo central.

Por iso, López Font cualificou de “hipócrita” o discurso do Partido Popular sobre as autoestradas. “Regalaron 300 millóns ás construtoras rescatando catro autovías polas que non se pagaban peaxes en vez de empregalos en favorecer a economía dos galegos e galegas, como fai o Estado”, afirmou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG advirte de que a nova Lei de Administración Local “nace morta” se non garante o financiamento dos concellos

A secretaria de Organización e deputada do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, critica que o…

09/02/2026
  • Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar

O deputado Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias ás que a Xunta…

08/02/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica desde a Festa do Butelo da Fonsagrada a calidade como eixo de competitividade dos produtos agroalimentarios galegos

O secretario xeral do PSdeG pon ao Butelo como exemplo da capacidade produtiva e da…

07/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista advirte da necesidade da protección da infancia fronte aos intereses mercantís das plataformas dixitais

Silvia Longueira, Lara Méndez e Carlos López Font, deputados do Grupo Parlamentario Socialista,  mantiveron esta…

06/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura o “uso partidista” da Axencia Turismo de Galicia e critica a súa falta de ambición

Lara Méndez denuncia que o goberno galego exclúe a concellos socialistas como Camariñas, Betanzos ou…

06/02/2026
  • Actualidade

Lara Méndez: “Os alcaldes do PP teñen que defender aos seus concellos fronte á Xunta e non atacar a quen denuncia a infrafinanciación do SAF”

A secretaria de Organización do PSdeG pediu tamén explicacións sobre a posible existencia de convenios…

06/02/2026