O secretario xeral do PSdeG dixo que o fallo do Tribunal Supremo “é para celebrar por parte de todas as persoas e institucións que loitaron durante anos para que se fixera xustiza e, sobre todo, por parte das vítimas da represión”
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, celebrou hoxe que o Tribunal Supremo veña de confirmar “que o pazo de Meirás é propiedade do Estado e non da familia dun ditador que tratou de facerse con el a través dun fraude”. O líder socialista acolleu con satisfacción que a Xustiza ratifique a sentenza da Audiencia Provincial que obriga aos Franco a devolver o inmoble ao patrimonio público, tal como recolle o fallo que se fixo público esta mañá.
O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego destacou que esta vitoria xudicial foi posible “grazas a que coincidiron na Deputación da Coruña e no Estado gobernos progresistas”. Así, recordou que foi a institución provincial a que liderou a reclamación e impulsou os estudos xurídicos e históricos que despois contribuíron a sustentar un caso “que o Goberno de Rajoy se negaba a promover, alegando que non había base xurídica para facelo”.
“Tivo que haber un cambio a un Goberno socialista para que a recuperación do pazo fose posible”, salientou en referencia a que foi coa chegada de Pedro Sánchez á presidencia, en 2018, “coa que botou a andar o procedemento que hoxe vemos culminado”.
Lugar de memoria e reparación
Besteiro valorou o traballo “de todas as persoas e institucións que loitaron durante anos para que se fixera xustiza” e recordou, especialmente, “ás vítimas da represión, que ven como o que era un emblema do franquismo se reafirma agora como lugar de memoria democrática e reparación”.
Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…
Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…
A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…
Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…
Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…
Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…