O líder socialista participou na reapertura do establecemento facendo a compra e puxo en valor a xestión municipal como ferramenta para fixar poboación
Besteiro insistiu en que este tipo de iniciativas exemplifican a forma de entender a xestión pública por parte do socialismo: poñer os recursos ao servizo da xente, responder ás necesidades reais e coidar o territorio
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou na reapertura do supermercado municipal de Pol (Lugo) facendo a compra, nun xesto simbólico co que quixo poñer en valor a importancia de garantir servizos básicos no rural como condición imprescindible para fixar poboación e combater a crise demográfica.
Durante a visita, realizada xunto ao alcalde socialista do municipio, Besteiro subliñou que “os socialistas non cremos nunha Galicia a dúas velocidades, nin nun país dividido entre o rural e a costa”, e defendeu un modelo de comunidade no que, con independencia do lugar no que se viva, a cidadanía poida acceder a servizos esenciais.
O novo supermercado de Pol, o primeiro municipal de Galicia, abriu de novo as súas portas tras dous anos de peche, un período no que a veciñanza tiña que desprazarse entre doce e quince quilómetros ata concellos limítrofes como Meira ou Castro para facer a compra diaria. A posta en marcha deste servizo, de carácter municipal, responde á decisión do Concello de garantir o acceso a produtos básicos sen obrigar á poboación a marchar.
“Fixar poboación tamén é isto: ter servizos, poder abastecerse no día a día no propio concello e vivir con dignidade”, sinalou Besteiro, que incidiu en que a crise demográfica existe e só se combate con feitos concretos e políticas útiles pegadas á realidade do territorio.
O supermercado conta con carnicería, produto fresco e mostradores abastecidos, recuperando un servizo que a veciñanza botaba en falta e que contribúe a dinamizar a vida social e económica do municipio.
Desde Pol, Besteiro insistiu en que este tipo de iniciativas exemplifican a forma de entender a xestión pública por parte do socialismo: poñer os recursos ao servizo da xente, responder ás necesidades reais e coidar o territorio. Ao seu xuízo, o rural ten futuro cando hai vontade política e compromiso coa igualdade de dereitos.
A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…
Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…
Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…
Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…
Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…