Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro ofrécelle á nova directiva da RAG a colabroación do PSdeG na defensa da lingua galega

O líder dos socialistas galegos censura a “hipocrisía política” de Rueda coa lingua: “Falan de acordos mentres torpedean o uso do galego no senado e no Parlamento Europeo”

 

O portavoz do Grupo Socialista e secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe a “hipocrisía política” de Rueda e do PP co galego, xa que “falan de acordos mentres torpedean o uso da lingua no senado e no Parlamento Europeo”. O líder dos socialistas galegos mantivo hoxe no Parlamento un encontro co novo presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e a directiva da institución.

 

O encontro, sinalou, produciuse nun momento no que é máis necesario que nunca un Pacto pola Lingua e recuperar o consenso en torno ao Plan de Normalización roto polo PP e sentenciado coa aprobación do decreto do plurilingüísmo en 2010, provocando unha situación de emerxencia lingüística e a maior caída de falantes dende que hai datos. Subliña que gran parte da responsabilidade de que por primeira vez o galego non sexa a lingua máis falada de Galicia está nas políticas dos gobernos de Feijóo e Rueda”.

 

O responsable socialista ofreceu a colaboración do PSdeG na defensa da lingua e amosouse “fondamente preocupado” pola xestión do PP e do goberno galego, que “á hora da verdade sempre se posiciona en contra da nosa lingua”. Apuntou que os socialistas “vemos na lingua un patrimonio de todas e todos os galegos, algo que nunca entenderá quen ve na lingua unha arma para rabuñar votos”.

 

Criticou que o PP faga “puro teatro” coa lingua, xa que mentres el mesmo foi o primeiro deputado en falar o galego nunha sesión oficial do Congreso, o PP “impide que o galego acade o mesmo estatus no Senado e traballa no asombra en Bruxelas para impedir a oficialidade da nosa lingua”. Resumiu que o PP “ás veces parece dar un paso adiante, pero despois acaba dando dous atrás” porque “en realidade queren dilatar no tempo e deixar as cousas tal e como están”.

 

Besteiro resumiu a folla de ruta dos socialistas galegos a favor do galego, que pasa por retomar o consenso roto polo PP e apostar por medidas que fagan posible recuperar falantes, sinaladamente entre a xente máis nova. Isto pasa por prestixiar a lingua co uso normal nas institucións, tamén no Senado e o Parlamento europeo, fomentar o seu uso dende o ensino e demostrar que ademais do máximo expoñente da nosa cultura e símbolo da identidade é tamén unha ferramenta útil.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG advirte de que a nova Lei de Administración Local “nace morta” se non garante o financiamento dos concellos

A secretaria de Organización e deputada do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, critica que o…

09/02/2026
  • Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar

O deputado Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias ás que a Xunta…

08/02/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica desde a Festa do Butelo da Fonsagrada a calidade como eixo de competitividade dos produtos agroalimentarios galegos

O secretario xeral do PSdeG pon ao Butelo como exemplo da capacidade produtiva e da…

07/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista advirte da necesidade da protección da infancia fronte aos intereses mercantís das plataformas dixitais

Silvia Longueira, Lara Méndez e Carlos López Font, deputados do Grupo Parlamentario Socialista,  mantiveron esta…

06/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura o “uso partidista” da Axencia Turismo de Galicia e critica a súa falta de ambición

Lara Méndez denuncia que o goberno galego exclúe a concellos socialistas como Camariñas, Betanzos ou…

06/02/2026
  • Actualidade

Lara Méndez: “Os alcaldes do PP teñen que defender aos seus concellos fronte á Xunta e non atacar a quen denuncia a infrafinanciación do SAF”

A secretaria de Organización do PSdeG pediu tamén explicacións sobre a posible existencia de convenios…

06/02/2026