Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro insta a Rueda a denegar de inmediato a autorización industrial de Altri

O líder socialista asegura que non hai ningún argumento serio que xustifique seguir alimentando unha mentira que todo o mundo sabe que non leva a ningures: “Altri é fume e propaganda, un proxecto que naceu morto”

O secretario xeral do PSdeG reclamoulle á Xunta proxectos industriais para Lugo, porque hai “viabilidade absoluta” para eles, e recordou que “o que se desenchufa é Altri, non a provincia” 

Besteiro referiuse tamén ao novo atentado “intolerable” contra a sede do PSdeG en Lugo, que, advertiu, forma parte dunha “escalada de odio” executada por “algúns covardes” que pretenden “intimidar e facer calar aos socialistas, pero non o van conseguir”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou hoxe ao presidente da Xunta que poña fin dunha vez á “farsa” de Altri e denegue de inmediato a autorización administrativa e industrial necesaria para a instalación da planta de fibras téxtiles en Palas de Rei, ao tratarse dunha iniciativa inviable técnica, ambiental e economicamente.

Ao inicio da rolda de prensa, o voceiro do Grupo Parlamentario Socialista referiuse tamén ao novo atentado contra a sede do PSdeG en Lugo, “o segundo en quince días, e nesta ocasión, ademais, con mensaxes explícitos, ultras e absolutamente intolerables”.

“Pretenden intimidar e facer calar aos socialistas, pero non o van conseguir”, advertiu Besteiro, quen denunciou tamén que “a ultradereita avanza sempre cando encontra unha dereita compracente, unha dereita covarde”.

Tras esa condena, Besteiro anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista acaba de rexistrar no Parlamento unha iniciativa que insta ao Goberno galego a rexeitar formalmente a autorización industrial do proxecto de Altri en Palas de Rei.

“Non hai escusas para non desautorizalo”, afirmou, logo de que non recibise “absolutamente ningunha axuda porque non cumpría os requisitos de descarbonización”, de que se lle denegasen fondos para proxectos innovadores e de que, agora, a súa conexión eléctrica tampouco encaixe na planificación.

“Altri é fume e propaganda, un proxecto que naceu morto”, insistiu. O líder socialista lembrou ademais que “xa non hai ningunha dúbida de que é malo medioambientalmente, malo economicamente e malo tamén socialmente”.

Galicia necesita proxectos reais e con futuro

Besteiro contrapuxo a planta de Palas de Rei ás oportunidades reais que se abren en Galicia coa nova planificación eléctrica 2025-2030, que permite impulsar iniciativas en sectores estratéxicos como a automoción, o hidróxeno renovable, o naval verde ou a economía circular. Nese senso, lamentou que “despois de 17 anos no Goberno de Galicia, o PP non foi capaz de formular ningún proxecto industrial novo para a provincia de Lugo”, e criticou o “abandono” ao que ten sometido o interior galego. Nese punto, lembrou a falta de investimentos durante os anos 2022 e 2023. “En fondos territorializados, cero euros”, remarcou.

José Ramón Gómez Besteiro defendeu que en Lugo “hai viabilidade absoluta para proxectos industriais, pero a Xunta non os ten”. “O que se desenchufa é Altri, non a provincia”, subliñou.

O secretario xeral do PSdeG lembrou que a decisión final sobre Altri “é competencia exclusiva da Xunta” e que xa non hai posibles pretextos para seguir alongando a situación. “A Xunta dixo que se non existía esa conexión eléctrica, o proxecto caía definitivamente”, recordou. “Agora que sabemos que vai ser inviable, o único que debe facer o Goberno galego é ser serio e denegalo”, sentenciou.

Besteiro advertiu que “o PP está enganando á cidadanía cun proxecto que nunca verá a luz. Mentres siga alimentando esta ficción, Galicia seguirá perdendo oportunidades industriais reais e con futuro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro condiciona o apoio socialista aos Orzamentos á inclusión de cinco medidas para devolver xustiza social a unhas contas feitas para o 4% que máis ten

O líder socialista levou ao Parlamento a voz das 22.700 persoas sen vivenda pública, das…

17/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro chama a erguer Galicia fronte á onda reaccionaria e reivindica ao PSdeG como o dique democrático que garante igualdade e futuro

O líder socialista criticou que Alfonso Rueda “deixou de exercer como presidente de Galicia para…

15/11/2025
  • Actualidade

O Grupo socialista reclámalle á Xunta “pasar do postureo á acción” para reducir o desperdicio alimentario

Lara Méndez considera que as iniciativas do goberno galego son “insuficientes” para chegar ao obxectivo…

14/11/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia no Parlamento a “moratoria flexible” do eucalipto coa que Rueda rompe co compromiso de protección do monte

Carmen R. Dacosta acusa á Xunta de ocultar ata onte os datos que confirman o…

14/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda dende Bruxelas que reoriente os fondos Feder a políticas de vivenda para combater a emerxencia habitacional

A vivenda foi un  asunto prioritario nas reunións de Besteiro na Comisión e no Parlamento…

14/11/2025
  • Actualidade

O Grupo socialista apoia a reivindicación do deporte galego diante da “improvisación e falta de diálogo” da Xunta na xestión das alertas meteorolóxicas

Paloma Castro leva ao Parlamento a reclamación do deporte galego para revisar o protocolo que…

14/11/2025