Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro denuncia que Rueda deixa sen voz a Galicia na Conferencia de Presidentes e rexeita un acordo en vivenda por estratexia política

“Rueda foi a Barcelona sen propostas para Galicia e co único obxectivo de facer oposición”

 

“Mesmo recoñeceu que podía apoiar o acordo en vivenda, pero rexeitouno por interese partidario”

 

“Está máis preocupado por crear ruído que por defender un financiamento xusto para Galicia”

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe que o presidente da Xunta acudise á Conferencia de Presidentes “sen unha soa proposta concreta para Galicia, sen espírito de acordo e coa única intención de cumprir co guión do Partido Popular”. “Rueda foi a Barcelona a exercer como delegado de Feijóo, non como presidente dos galegos”, sinalou.

 

Besteiro lamentou que o máximo responsable da Xunta “renunciase a defender os intereses de Galicia nun espazo pensado para chegar a acordos que beneficien á cidadanía”. “É difícil avanzar cando un presidente prefire falar de eleccións anticipadas que de vivenda, sanidade ou financiamento autonómico. A Conferencia de Presidentes non é un mitin do PP, é un espazo institucional que Rueda despreza cada vez que vai”, engadiu.

 

O PSdeG sinala que o propio Rueda recoñeceu que podía apoiar, “con matices”, a proposta estatal en materia de vivenda. Porén, finalmente decidiu sumarse ao rexeitamento colectivo dos presidentes do PP, impedindo un acordo que podería beneficiar a milleiros de galegos e galegas. “Se un presidente admite que pode estar de acordo cunha medida útil, pero rexéitaa por estratexia de partido, está antepoñendo os intereses do PP aos de Galicia”, advertiu Besteiro.

 

Sobre o financiamento autonómico, o líder socialista considera que a proposta de forzar un decreto lei sobre as entregas a conta é “un intento de crear un conflito inexistente”. “O Goberno pode facer esa actualización por Consello de Ministros, como xa fixo outras veces. Só busca xerar ruído”, dixo.

 

O secretario xeral do PSdeG lamentou  que Alfonso Rueda desaproveitara unha nova ocasión para poñer os intereses de Galicia por riba da estratexia do seu partido. “Cando outros presidentes autonómicos van a construír, Rueda vai a bloquear. Galicia non pode seguir perdendo oportunidades pola falta de altura política do seu presidente”, rematou Besteiro.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro pídelle ao Goberno un novo impulso para que o nó de transición xusta das Pontes permita crear empresas canto antes

O secretario xeral do PSdeG celebrou o “paso decisivo” tras o si do Congreso ao…

13/04/2026
  • Actualidade

O ciclo cultural do PSdeG, Desde-A-Marxe, deulle voz en Serantes -Ferrol- a proxectos relacionados coa ilustración e a moda

Silvia Longueira destacou que o programa que o Partido Socialista está a levar por toda…

11/04/2026
  • Actualidade

Méndez: “O PP de Rueda usa o DEA para o único que sabe facer: Dicirlle non á xente e si aos de sempre”

O Partido Popular tombou onte con rodillo parlamentario 38 das 40 resolucións presentadas polo Grupo…

11/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “cambiar unha Galicia de dereitos por unha Galicia de caridade”

Lara Méndez sinala que levan “17 anos destruíndo o futuro” e levando “a números vermellos”…

10/04/2026
  • Actualidade

O PP comprometíase cos socialistas a elixir con equidade a dirección do CGAC ao mesmo tempo que a Xunta abría un proceso de selección a dedo

Os populares aceptaron unha proposta do PSdeG no marco do Debate do Estado da Autonomía…

10/04/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro propón a coparticipación de Galicia na xestión aeroportuaria e intervención inmediata na vivenda: “Galicia necesita un Goberno que actúe xa”

O PSdeG leva ao DEA 40 Propostas de Resolución para que Galicia teña voz na…

09/04/2026