Categorías: Actualidade

Besteiro cualifica de “burla dramática” para Galicia que Rueda non teña alternativa ao modelo de financiamento e se limite a facer o que manda o PP de Madrid

O líder dos socialistas galegos empraza a negociar a mellora da proposta co Estado e o resto das comunidades autónomas: “Apunta boa letra, e agora hai que afinar a música”

 

Aféalle ao goberno galego que hoxe rexeiten unha proposta que garante 587 millóns para Galicia, por riba dos 500 millóns que reclamaban hai dous meses

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, cualificou hoxe que “burla dramática” para Galicia que Rueda careza de alternativa ao modelo de financiamento e se limite a facer o que manda o PP de Madrid. Así o dixo dende Lugo, onde fixo unha valoración do Consello de Política Fiscal e Financeira e onde lembrou que Rueda ten “a responsabilidade de defender os intereses do noso país”.

 

Criticou que “o problema” é a falta de alternativa do PP tanto para o conxunto de España como para Galicia, polo que “ou non teñen modelo ou non o queren amosar”, polo que “algo malo terá” cando prefiren situarse “na nada máis absoluta” e chegan a dicir que “xa o presentarán dentro dun ano: absolutamente intolerable”.

 

Fronte aos que defenden o modelo do concerto en contra da “inmensa maioría dos galegos e das galegas”, e o PP que carece de alternativa, cumpre traballar coa proposta posta enriba da mesa polo Goberno central e entrar na negociación para mellorar os resultados para Galicia. Esixiulle así a Rueda que se sente a negociar a proposta de financiamento autonómico co Goberno central e tamén co resto das comunidades autónomas.

 

O líder dos socialistas galegos dixo que a proposta presentada no Consello de Política Fiscal e Financeira “apunta boa letra, e agora hai que afinar a música”. Resumiu que o Estado “pon máis cartos, máis recursos e unha capacidade maior de ampliación para tódalas comunidades autónomas”, pero puntualizou que toca “non dalo por ben feito” sen “discutir e negociar” porque, apuntou, “eu creo que para Galicia é mellorable”.

 

En calquera caso, lembrou que o que si mellora esta proposta -que suporía 587 millóns de euros adicionais para Galicia- son os 500 millóns que reclamaba o conselleiro de Economía o pasado mes de novembro.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026