Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro chama desde a Global Progressive Mobilisation a frear á ultradereita, combater a desigualdade, blindar os dereitos e impulsar unha transición xusta

“As respostas que se deron neste espazo son as mesmas que precisamos en Galicia”, asegurou tras o encontro da esquerda mundial en Barcelona, que serviu para facer “fronte común con obxectivos claros” e abordar os problemas “que de verdade importan”

O secretario xeral do PSdeG encontrouse na capital catalá con algunhas das figuras máis representativas do pensamento progresista, como a economista Marina Mazzucato e a subdirectora xeral de Ciencias Sociais e Humanas da Unesco, Gabriela Ramos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe desde Barcelona a “frear á ultradereita, combater de raíz a desigualdade, blindar os dereitos, defender o público e impulsar unha transición verde xusta”.

Besteiro asistiu esta fin de semana na capital catalá á Global Progressive Mobilisation, nas que as e os progresistas avanzaron na construción dunha “fronte común con obxectivos claros” para abordar os problemas “que de verdade importan”.

Alí encontrouse con algunhas das figuras máis representativas do pensamento progresista, como Mariana Mazzucato, unha das grandes líderes mundiais do pensamento económico de esquerdas, ou Gabriela Ramos, figura clave da IA ética e subdirectora xeral de Ciencias Sociais e Humanas da Unesco.

“Falamos de democracia, de dereitos e de cohesión social. Ou avanzamos, ou retrocedemos. Aquí non hai grises”, asegurou o líder socialista, que invitou á esquerda a facelo “sen complexos”. “Somos socialistas, pacifistas, ecoloxistas e feministas, e reivindicámolo con orgullo”, afirmou.

O secretario xeral dixo que o que se tratou en Barcelona onte e antonte, coa presenza de líderes progresistas de todo o mundo, tamén afecta directamente a Galicia. “As respostas que se deron neste espazo internacional son as mesmas que precisamos na nosa casa”, destacou en referencia a problemáticas como carestía da vivenda, a situación da sanidade pública, “que hai que protexer”, ou a falta de oportunidades para a xente nova.

“Son as mesmas batallas que libramos cada día, e por iso Galicia estivo aquí”, subliñou José Ramón Gómez Besteiro, que apuntou tamén á necesidade de tecer alianzas internacionais co fin de abrir oportunidades de cooperación para a comunidade autónoma.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG celebra en Ferrol a lingua e chama á Xunta a defendela: “Hai que apostar polo galego de verdade, e iso vese nas contas”

O secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, compartiu con militantes e simpatizantes a primeira Foliada…

17/05/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reclámalle a Rueda que manteña vivo o espíritu crítico de Begoña Caamaño cuns medios públicos independentes

O secretario xeral do PSdeG participou no acto da Real Academia Galega polo Día das…

17/05/2026
  • Actualidade

Besteiro: “Xa non hai escusas para que Alcoa non inicie a construción do forno de cocción de ánodos”

Asegurou, despois de que hoxe se reunise a comisión de seguimento do acordo de viabilidade…

15/05/2026
  • Actualidade

González Casares esíxelle á Xunta “un proceso claro de participación pública e diálogo” cos afectados pola planta de biogás de Soandres -A Laracha-

O europarlamentario galego mantén un encontro coa Plataforma de veciños e veciñas contrarios ao proxecto…

15/05/2026
  • Actualidade

O Goberno galego leva dous anos consecutivos desviando 100 millóns de euros dos orzamentos do Plan Galego de Investigación

Aitor Bouza acusa ao PP de facer “enxeñería fiscal” co orzamento que precisan os investigadores…

15/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reclama ampliar categorías profesionais na Atención Primaria, multiplicar a plantilla e modernizar un sistema “de hai 30 anos”

Julio Torrado sostén que ao titular da carteira se lle está poñendo “cara de Florentino…

15/05/2026