Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro chama a traballar pola cohesión territorial para rematar coas diferenzas “entre as dúas Galicias” e a centrarse “nos problemas reais da xente e non nas invencións”

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o socialista como o partido “da esquerda, da solidariedade e da igualdade” fronte aos da confrontación permanente e o soberanismo desfasado

O líder socialista felicitou a Álvaro Vila pola súa elección como secretario provincial nas primarias dun partido “que é o único no que a súa militancia vota e decide que organización quere”

Reclamou “candidaturas fortes de homes e mulleres con presenza no territorio” para as eleccións municipais de 2027, porque “un bo resultado do PSdeG vai ser bo para os veciños e as veciñas”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe na clausura do 5.º Congreso Provincial de Ourense o papel do Partido Socialista como o único que defende “a posición da esquerda, porque as máximas da esquerda son a solidariedade e a igualdade, e quen non promove iso non é de esquerdas”. Por iso reclamou, de cara ás eleccións municipais, “candidaturas fortes de homes e mulleres con presenza no territorio” que venzan a un PP que vive nunha “confrontación permanente en España, e en Galicia con submisión ao que marca Feijoo desde Madrid”, e tamén a un “nacionalismo desfasado, un soberanismo populista que mira para Rusia dunha maneira e para Gaza de outra”, que pide un concerto económico que en nada beneficiaría a Galicia “e que di a todo que non”. Así, “un bo resultado do PSdeG vai ser bo para os veciños e as veciñas”, asegurou.

Besteiro felicitou “a quen foi elixido secretario provincial nunhas primarias, o compañeiro Álvaro Vila”, porque o Partido Socialista “é o único no que vota a súa militancia e decide que organización quere”. Tamén trasladou os seus parabéns “a quen participou nese proceso de primarias, Patricia Domínguez, e a quen foi secretario provincial, Rafa Villarino”. “Facemos o que sabemos facer os socialistas: votar para renovar e avanzar cara o futuro, o que levamos facendo desde fai 146 anos”, asegurou.

O secretario xeral valorou que na actualidade alcaldes e alcaldesas socialistas gobernan desde os concellos á metade da poboación galega, algo reflexa que o PSdeG é unha formación municipalista que ten a súa base “na política de proximidade”. A causa dese éxito é “centrarse no máis importante, nos problemas reais da xente e non nas invencións”, dixo antes de citar a vivenda, a educación, a sanidade, a dependencia e a igualdade como principais preocupacións da cidadanía. “Somos capaces desde a acción de goberno de cambiar a vida das persoas cun modelo que funciona, creando emprego e riqueza e, sobre todo, redistribuíndoa”, afirmou.

O líder socialista sinalou a importancia dos servizos públicos, especialmente nas zonas que máis sofren o despoboamento, e recordou que todos os avances nese ámbito e no dos dereitos chegaron da man de gobernos socialistas. “Ninguén salvo nós levaba no seu programa avanzar na gratuidade da AP-53, só se falaba da AP-9”, puxo como exemplo. “Temos que facer políticas para cohesionar Galicia, para que non haxa dúas Galicias”, dixo sobre un dos principais problemas da comunidade. Nese senso, insistiu na necesidade de “reindustrializar” o país para cambialo. “E hai que facelo a través dunha transición verde, ecolóxica, e rendible para Galicia”, apostando pola innovación e o coñecemento para avanzar na modernización.

“Cohesión territorial, cohesión social, igualdade, pero sen renunciar a avanzar. Eses son os gobernos que nós defendemos, os gobernos que protexen á maioría da sociedade, e que o fan avanzando”, resumiu como eixos das políticas que defende o Partido Socialista, “desde os concellos e tamén como proxecto de país”. “Outros prefiren —dixo— falar de financiamento, pero cando se lles ofrece condonar a débeda din que non. Son desas cousas que non son capaces de explicar fóra das súas reunións”.

José Ramón Gómez Besteiro concluíu chamando a atención sobre “a responsabilidade enorme” dunha esquerda “á que lle custan máis as cousas”, pero animou a asumila e encarala “con proxecto, con ideas e con alegría”, facendo unha política “sen estridencias e sen excluír”. 

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a falla de información da Xunta provoca que o 40 por cento dos galegos que poderían recibir axuda á Dependencia non a pidan

Silvia Longueira lamenta que o goberno galego evita dedicar recursos “de forma sistemática e seria…

19/06/2025
  • Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros a que acorden a mellora da seguridade na estrada que cruza o Couto

Julio Abalde reclama que “deixen de utilizar aos veciños e veciñas como arma arreboladiza” e…

19/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista sinala que o director xeral da CRTVG despídese logo de desbotar unha xeración enteira de xornalistas pola “censura, manipulación informativa e represión interna”

Silvia Longueira denuncia que nos últimos 16 anos “roubóusenos a Galicia a oportunidade de ter…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de politizar a designación de directores e directoras territoriais antes reservada a empregados públicos

Patricia Iglesias advirte que queren impoñer unha administración “colonizada por cargos políticos” e consolidar as…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia a “equidistancia” do PP logo de que rexeiten no Parlamento unha proposta de apoio ao pobo palestino e contra a actuación de Israel

Paloma Castro reclámalle ao PP que atenda á petición unánime da poboación que se está…

18/06/2025
  • Actualidade

Besteiro insta a Rueda a sumarse ao plan de vivenda do Goberno e defender así os intereses dos galegos e galegas, “e non os de Feijoo”

O secretario xeral do PSdeG sinalou que o Estado incorporará 380 millóns de euros a…

18/06/2025