Coincidindo coas manifestacións convocadas pola plataforma Pararlaguerra.es, o secretario xeral do PSdeG advertiu que a defensa dos dereitos humanos “non pode depender de intereses xeopolíticos: é unha obriga moral”
“Nenos e nenas asasinados, hospitais arrasados, familias enteiras sepultadas baixo os cascallos… Non é unha operación militar”, dixo o líder socialista sobre o que cualificou de “ferida aberta na conciencia da humanidade”
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe a “falar claro” sobre o que está a acontecer na franxa de Gaza desde hai ano e medio, “unha ferida aberta na conciencia da humanidade, que cada vez sangra máis”.
“O que está pasando é insoportable: nenos e nenas asasinados, hospitais arrasados, familias enteiras sepultadas baixo os cascallos… Non é unha operación militar, é un xenocidio”, asegurou o líder socialista o mesmo día que diferentes cidades galegas acollen manifestacións convocadas pola plataforma Pararlaguerra.es, ás que se suma o PSdeG.
Para o tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, “non toca mirar para outro lado, toca falar claro, toca actuar”, porque “non hai xustificación posible para tanta barbarie”. Por iso, dixo, “como demócratas, como representantes públicos, pero sobre todo como persoas, non podemos calar”.
Besteiro advertiu que a defensa dos dereitos humanos “non pode depender de intereses xeopolíticos”, porque se trata “dunha obriga moral”. “Hoxe, estar á altura é estar do lado da vida, da paz e da dignidade en Gaza”, concluíu.
Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…
Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…
A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…
Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…
Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…
Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…