Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro chama a defender a solidariedade e a diversidade fronte ao odio e a división no pregón do San Froilán de Barcelona

Reivindica a importancia das linguas  como ferramentas de convivencia e os “lazos inquebrantables” das e dos galegos  con Cataluña, “unha referencia de pluralidade, acollemento e comprensión”

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou as linguas cooficiais como “ferramentas de convivencia” dende o Nou Barris, en Barcelona, onde onte á noite foi o encargado de ler o pregón das festas de San Froilán. O líder dos socialistas galegos salientou os “lazos inquebrantables” de Lugo e de toda Galicia con Cataluña, “unha referencia de pluralidade, acollemento e comprensión”.

 

O responsable socialista reivindicou a iniciativa do PSOE, que el mesmo defendeu no Congreso, para regularizar o uso galego, euskera e catalán no Congreso, e que hoxe son utilizados “con total normalidade”. Defendeu o carácter dun “país diverso que posúe unha riqueza enorme na súa variedade, e que a vive con máis normalidade do que ás veces se quere contar” nuns tempos nos que “semella máis doado odiar que darse a man”.

 

Reivindicou Besteiro a “forza da igualdade e da cooperación” fronte a “os que levantan muros fronte ao diferente, aos que alimentan o odio ou intentan dividirnos ou enfrontarnos”, e defendeu os lazos de Galicia, e en concreto de Lugo, con Cataluña e o barcelonés Nou Barri, onde cada ano se celebra o San Froilán por iniciativa do colectivo Xuntanza de Cataluña e a asociación Amigos de san Froilán.

 

No seu pregón, definiu esta festa  como u”nha fermosa maneira de irmandarse” e de manter os vínculos como legado da importante comunidade de lugueses e luguesas e a súa aportación á convivencia porque “a alegría non entende de fronteiras”.  Reivindicou que os galegos “sempre levamos Galicia con nós alá onde vaiamos”, e puxo como exemplo a capital condal, onde “se respira moita Galicia”.

 

Besteiro salientou o “enorme afecto que temos dende moitísimas partes de España por Cataluña” como testemuñan xeracións de galegos e galegas que “atoparon aquí un lugar para vivir, traballar e formar parte dunha sociedade que constantemente busca avanzar”.

 

O secretario xeral do PSdeG e tamén portavoz do Grupo Parlamentario Socialista celebrou os “lazos inquebrantables” entre Galicia e Cataluña, que representan os “vencellos entre moitos pobos de España que cada día é máis forte porque hai xente que o mantén vivo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro condiciona o apoio socialista aos Orzamentos á inclusión de cinco medidas para devolver xustiza social a unhas contas feitas para o 4% que máis ten

O líder socialista levou ao Parlamento a voz das 22.700 persoas sen vivenda pública, das…

17/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro chama a erguer Galicia fronte á onda reaccionaria e reivindica ao PSdeG como o dique democrático que garante igualdade e futuro

O líder socialista criticou que Alfonso Rueda “deixou de exercer como presidente de Galicia para…

15/11/2025
  • Actualidade

O Grupo socialista reclámalle á Xunta “pasar do postureo á acción” para reducir o desperdicio alimentario

Lara Méndez considera que as iniciativas do goberno galego son “insuficientes” para chegar ao obxectivo…

14/11/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia no Parlamento a “moratoria flexible” do eucalipto coa que Rueda rompe co compromiso de protección do monte

Carmen R. Dacosta acusa á Xunta de ocultar ata onte os datos que confirman o…

14/11/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda dende Bruxelas que reoriente os fondos Feder a políticas de vivenda para combater a emerxencia habitacional

A vivenda foi un  asunto prioritario nas reunións de Besteiro na Comisión e no Parlamento…

14/11/2025
  • Actualidade

O Grupo socialista apoia a reivindicación do deporte galego diante da “improvisación e falta de diálogo” da Xunta na xestión das alertas meteorolóxicas

Paloma Castro leva ao Parlamento a reclamación do deporte galego para revisar o protocolo que…

14/11/2025