Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro anuncia en Caldas a cancelación da variante oeste e reclama á Xunta que reactive a VG-47

O secretario xeral do PSdeG comunicou á veciñanza a cancelación do proxecto tal e como estaba deseñado e adiantou que se abre unha nova etapa para reformular a mobilidade na comarca

Anunciou que os socialistas levarán ao Parlamento de Galicia a demanda das e dos veciños de recuperar o proxecto da VG- 47, unha infraestrutura destinada a conectar o porto de Vilagarcía coa AP-9 e que permanece paralizada pola Xunta desde hai máis dunha década

Destacou que hai dúas formas de actuar: a escoita para buscar solucións dialogadas, como a do PSdeG, fronte a parálise de Rueda

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este mércores en Caldas de Reis unha xuntanza coa veciñanza das parroquias afectadas pola Variante Oeste e co alcalde Jacobo Pérez para abordar a situación dun proxecto que xerou unha forte contestación social nos últimos meses.

Besteiro trasladoulles o resultado das xestións que realizou co Goberno tal e como se comprometera coa veciñanza nunha xuntanza anterior:  a cancelación  do proxecto da Variante Oeste de Caldas tal e como estaba configurado. “O Goberno vai cancelar o actual proxecto e abrir unha nova etapa para reformular a solución de mobilidade nesta zona”, explicou.

Segundo indicou, esta decisión responde á necesidade de buscar alternativas que permitan desviar o tráfico da N-640 arredor de Caldas sen provocar as afeccións sociais e territoriais que xeraba o trazado inicial.

Besteiro sinalou que agora se abre un novo escenario no que o Ministerio estudará unha reformulación da circunvalación da N-640 ao seu paso por Caldas, co obxectivo de atopar unha solución máis axeitada para o territorio.

Ademais, anunciou que, tal e como lle pediu á veciñanza, os socialistas levarán ao Parlamento de Galicia a demanda de recuperar o proxecto da VG-47, unha infraestrutura destinada a conectar o porto de Vilagarcía coa AP-9 e que permanece paralizada pola Xunta desde hai máis dunha década.

Segundo explicou, reactivar esta infraestrutura permitiría mellorar a conexión co porto e avanzar nunha planificación máis ordenada das infraestruturas da comarca: “Hoxe demostramos que cando se escoita á veciñanza e se analizan ben os proxectos pódense tomar decisións máis responsables para o territorio”, concluíu.

Pola súa banda, o alcalde de Caldas, Jacobo Pérez, destacou tamén o traballo realizado nos últimos meses pola veciñanza e polas plataformas afectadas, subliñando que foron meses de reunións, xestións e moito traballo para explicar que o proxecto tal e como estaba prantexado non era a mellor solución para a localidade.

Segundo indicou, a cancelación do proxecto abre agora unha nova etapa na que será necesario seguir traballando para atopar alternativas que permitan reducir o tráfico polo centro da vila e mellorar a mobilidade da comarca.

A plataforma reunirase en breve co Delegado do Goberno e este tema se levará tamén ao pleno municipal.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026