Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro alerta en Baleira de que a falta de médicos no rural é xa un problema estrutural da sanidade galega

O líder do PSdeG enmarca a situación do centro de saúde nun deterioro progresivo da atención primaria en Galicia logo de máis de 16 anos de goberno do PP

 

Besteiro levará a demanda de Baleira e de tantos outros concellos de Galicia ao Parlamento e insistirá para que o PP apoie a proposta socialista de garantir por lei a cita no médico de cabeceira nun prazo máximo de 48 horas

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, achegouse esta mañá a Baleira para apoiar á veciñanza na súa reivindicación dun médico estable no centro de saúde e advertir de que o que está a acontecer neste concello non é un feito illado, senón a consecuencia dun problema que se repite día tras día en moitas zonas do rural galego.

 

Besteiro acompañou ás e aos veciños que levan meses denunciando a falta reiterada de profesionais médicos. “Non estamos ante unha incidencia puntual. Falamos dun problema estrutural que é froito de máis de 16 anos de gobernos do PP na Xunta e das decisións que Rueda adopta desde o seu despacho”, sinalou.

 

Ao seu xuízo, a situación que vive Baleira é o efecto directo dunha política sanitaria que foi debilitando progresivamente a atención primaria, especialmente no rural. Lembrou que se trata de concellos envellecidos, con persoas que teñen dificultades de mobilidade e para as que cada ausencia médica supón unha barreira máis.

 

No caso de Baleira, repítense as xornadas sen consulta e os horarios redúcense a catro horas, mentres as citas xa se están a demorar ata mediados de marzo. Cada vez que non hai médico, a veciñanza vese obrigada a desprazarse a outros municipios ou ao PAC do Corgo para algo tan básico como unha consulta.

 

O líder socialista puxo en valor o traballo da agrupación local do PSdeG e do seu voceiro, José Tellado, que leva meses reclamando unha atención sanitaria permanente para o centro de saúde.

 

Besteiro asegurou que seguirá levando a demanda de Baleira e de tantos outros concellos de Galicia ao Parlamento e insistirá para que o PP dea un paso adiante e apoie a proposta socialista de garantir e blindar por lei a cita no médico de cabeceira nun prazo máximo de 48 horas:  “É unha medida de sentido común. Sen acceso ao médico de cabeceira nun tempo razoable, o sistema reséntese e quen acaba pagando as consecuencias é a cidadanía”.

 

Homenaxe a Paula Alvarellos

 

Tras o acto reivindicativo celebrado en Baleira, Besteiro participará en Lugo no acto de homenaxe á que fora alcaldesa da cidade, Paula Alvarellos, cando se cumpre un ano do seu falecemento. O líder socialista destacou que foi unha persoa que vivía a política con honestidade e responsabilidade, moi pegada á xente e á cidade, atenta ao día a día e sen esquivar os problemas cando tocaba afrontalos.

 

“Perdemos unha compañeira e unha amiga. O recordo que queda dela é o dunha muller comprometida e profundamente humana. E iso é o que queremos celebrar hoxe”, dixo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026