Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro: “A negativa a negociar o financiamento non sae de San Caetano, sae de Génova e consuma a traizón de Rueda a Galicia”

O secretario xeral do PSdeG acusou ao presidente galego de “baixar a cabeza ante Feijóo e asinou un documento que prexudica directamente a Galicia”, renunciando a defender un modelo propio de financiamento que permita reforzar uns servizos públicos “claramente colapsados”, como a sanidade, a dependencia ou as políticas de vivenda

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, iniciou hoxe a súa rolda de prensa expresando as condolencias do socialismo galego polo tráxico accidente ferroviario ocorrido en Adamuz (Córdoba), trasladando “toda a solidariedade coas vítimas, coas súas familias e coas persoas feridas” e lembrando que “o sucedido é dunha gravidade tal que fai que calquera palabra resulte insuficiente”.

 

Tras esta mensaxe inicial, Besteiro puxo o foco no financiamento autonómico e sinalou que onte Rueda consumou a súa traizón a Galicia: “A negativa a negociar o financiamento galego non nace en San Caetano: nace en Génova e asinouse onte en Zaragoza. E unha vez máis,  cala e acata”, afirmou.

 

Segundo explicou o socialista, o presidente galego “volveu baixar a cabeza ante Feijóo e asinou un documento que prexudica directamente a Galicia”, renunciando a defender un modelo propio de financiamento que permita reforzar uns servizos públicos “claramente colapsados”, como a sanidade, a dependencia ou as políticas de vivenda. “Rueda non negocia porque Feijóo xa decidiu por el”, subliñou.

 

Besteiro lembrou que negociar un sistema de financiamento caducado hai 13 anos “non é unha opción, é unha obriga”, especialmente nun contexto no que Galicia acumula cifras que evidencian o colapso dos servizos públicos: máis de 350.000 persoas en lista de espera médica, 22.700 persoas agardando por unha vivenda pública e milleiros de galegos e galegas que chegan a esperar ata un ano para o recoñecemento da dependencia. “Se Rueda non é quen de sentarse a defender Galicia, deberá pedirlle perdón á cidadanía pola súa covardía política”, advertiu.

 

O líder socialista destacou que o Goberno de España puxo enriba da mesa unha proposta concreta de novo modelo de financiamento que garante que ningunha comunidade recibirá menos recursos e que incorpora máis de 21.000 millóns de euros adicionais ao sistema. “Para unha comunidade envellecida e dispersa como Galicia, isto supón máis capacidade para reforzar a sanidade, a educación e os servizos sociais”, sinalou.

 

Fronte a esa proposta, Besteiro denunciou que o Partido Popular “non ofrece ningunha alternativa”. “Non o fixeron cando gobernaban con maioría absoluta nin o fan agora. E por iso evitan entrar ao detalle da proposta: porque saben que incrementa os recursos dispoñibles, tamén para Galicia”, afirmou, rexeitando ademais que se trate dun concerto ou dun cupo singular.

 

Besteiro lembrou que hai apenas dous meses o propio Rueda recoñeceu que Galicia sofre unha infrafinanciación duns 500 millóns de euros anuais, pero que agora se nega a negociar unha proposta que permitiría incorporar como mínimo 580 millóns de euros máis. “E non é un non illado, engadiu, enumerando outras decisións da Xunta: o rexeitamento á condonación de 4.010 millóns de euros de débeda, aos 380 millóns para vivenda pública ata 2030 ou a fondos para novas prazas en escolas infantís, mentres se manteñen beneficios fiscais por valor de arredor de 700 millóns de euros ao ano para os que máis teñen.

 

O secretario xeral do PSdeG sinalou que o Partido Popular escandalízase hoxe “por decisións que aplicou con absoluta normalidade cando gobernaba”, afirmou, referíndose aos acordos de financiamento e tratamento singular a Cataluña nos gobernos de Aznar e Rajoy. Ademais, insistiu en que as conversas bilaterais cunha comunidade non rompen a multilateralidade;” O que a rompe é non ter modelo e negarse a negociar”.

 

Finalmente, Besteiro advertiu tamén da situación do financiamento local e da falta dunha proposta seria da Xunta para actualizar o modelo, especialmente en servizos como o de Axuda no Fogar. “Non se pode seguir dicindo non a máis cartos mentres se trasladan competencias aos concellos sen recursos económicos nin persoais. Rueda está afogando ás administracións locais e poñendo en risco servizos básicos, veremos que proposta fai agora que remata o prazo dado pola Fegamp”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Espinosa pide garantir equidade real no acceso a diagnóstico e tratamento para persoas con enfermidades raras

A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “feitos concretos, prazos verificables e compromisos reais” para a reforma integral do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense

Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que o PP use celebracións coma o Ano Castelao para “lavar o pasado”

Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…

12/02/2026
  • Secretaría Xeral

O PSdeG impulsará unha declaración institucional para apoiar que só os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro sexan considerados economía social

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…

12/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista responsabiliza á Xunta do derrubamento de Monte Neme porque “non fixo absolutamente nada” dende o anterior accidente hai 12 anos

Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…

11/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o abandono dos dous colexios de Zas: “Hai que levar chuvasqueiro e casco”

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…

11/02/2026