O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, presentou esta mañá en Comisión unha Proposición non de lei na que se instaba a Xunta a desenvolver un plan de axuda as Pemes ante a incerteza do Brexit. A iniciativa foi aprobada polo Parlamento a excepción do punto primeiro, no que se pedía a Xunta axudar a as Pemes a desenvolver plans de continxencia ante os diversos escenarios do Brexit, e que foi vetado polo PP.
O parlamentario socialista advertiu que o goberno galego está a deixar desatendidos amplos sectores da economía galega que precisan de apoio diante do novo escenario. Explicoui que “as exportacións galegas tiveron no Reino Unido o seu cuarto mercado mais importante”, e sinalou que estudios como o realizado polo BBVA sinalan “unha caída do 0,04% do PIB galego”, por canto hoxe exportamos 1.400 millóns de euros a aquel mercado e importamos 300.
O representante socialista lamentou neste sentido que pese ao gran desembolso que realizou o IGAPE para a súa internacionalización, o conselleiro de Industria se dedique a “sacar notas de prensa Industria 4.0 ou sobre dróns” e non a apoiar ao tecido empresarial galego impulsando unha actuación decidida do ente dinamizador. Puntualizou que “os únicos plan de continxencia que se están a facer son por actores privados”.
O portavoz socialista mostrou o seu apoio a iniciativa do goberno de Pedro Sánchez de traballar por un “Pacto de Estado” entre goberno centrais é autonómicos, sinalando as diferencias coa anterior etapa de Mariano Rajoy, na que non houbo consultas a “pesares de que o propio Rueda pediullo publicamente”
Apoio ás empresas
Logo do debate, o PP rexeitou explicitamente un punto da proposta presentada hoxe, que lle reclamaba ao goberno galego “desenvolver un programa específico de apoio ás empresas galegas, nomeadamente as Pemes, para a elaboración de plans de continxencia ante os diversos escenarios do Brexit”.
Si que foi aprobada por unanimidade o resto da iniciativa, que reclamaba a posta en marcha dunha diagnose centrada no impacto do Brexit sobre a actividade empresarial galega, sinaladamente nas Pemes e nos aspectos financeiro, laboral e de innovación. Tamén reclamaba unha campaña informativa sobre as consecuencias da saída do Reino Unido e fixar liñas de colaboración co Goberno de España á hora de desenvolver as iniciativas.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia: