Zonas de sombra na atención sanitaria a domicilio

Zonas de sombra na atención sanitaria a domicilio

Zonas de sombra na atención sanitaria a domicilio

CHUS - Hospital Clínico de SantiagoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe no Parlamento a situación de doentes terminais do Morrazo excluídos dos coidados paliativos a domicilio por parte do Sergas. A deputada socialista presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade por un “sinsentido” que está a prexudicar notablemente ás familias da comarca.

Gallego relatou diversos casos da comarca que viron cómo o Sergas os deixaba sen unha atención recomendada polos médicos da sanidade pública alegando “alta concentración de tráfico nas estradas”. A realidade, dixo, é que mentres Bueu está fora do mapa de coidados a domicilio por formar parte da área de Pontevedra, tal e como recoñeceu hoxe o goberno galego, Cangas e Moaña tampouco teñen este servizo por estar adscritas ao hospital privado Povisa.

A deputada socialista reclamoulle á Xunta que dea unha solución a estas “zonas de sombra” que quedan marxinadas sen recibir a mesma atención sanitaria que o resto do territorio. Sinalou que “a visita dun ATS cada tres días para facer as curas non son coidados paliativos”, que a día de hoxe “teñen que realizar as familias cando teñen nulos coñecementos sobre a materia”.

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que “solvente esta situación” mais alá de prestar coidados “nunha determinada época do ano”, xa que “haberá que buscar alternativas para atender a esas persoas”.

Aludiu así a estes casos, coñecidos no verán, de “experiencias lamentables” de doentes con doenzas irreversibles que, logo de ter a alta hospitalaria e contar co dereito a ser atendidos a domicilio, este dereito é conculcado alegando “razóns peregrinas”. Criticou que nestes casos o Sergas alegara o criterio “do tráfico por estrada” por enriba do criterio médico que recomendaban os médicos que os atenderan.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar