Herráiz: "Zapatero realizou un discurso serio e rigoroso, centrado no que máis preocupa aos cidadáns"

Herráiz: "Zapatero realizou un discurso serio e rigoroso, centrado no que máis preocupa aos cidadáns"

Herráiz: "Zapatero realizou un discurso serio e rigoroso, centrado no que máis preocupa aos cidadáns"

A coordinadora dos socialistas galegos nas Cortes considera que o discurso do presidente do Goberno no Debate do Estado da Nación foi un "discurso serio e rigoroso, centrado na crise económica, que é o que máis preocupa aos cidadáns, e nas medidas imprescindibles para a recuperación económica que España necesita".

Así, Margarita Pérez Herráiz destaca a análise que realizou esta mañá Zapatero da evolución da crise, así como das medidas que foi adoptando o Goberno para paliar os efectos desta, compatibilizando os necesarios axustes coas políticas de apoio social que caracterizaron sempre ao Goberno Socialista.

Deste modo, considera "positivos" os datos ofrecidos polo presidente do Goberno sobre unha recuperación gradual da nosa economía -grazas sobre todo ás exportacións e ao turismo- coa previsión de que a devandita recuperación se acelere a partir da segunta metade de 2011.

"A esa recuperación -sinala- contribuíron as reformas realizadas polo Goberno Socialista como a reforma do mercado de traballo e a reforma do sistema financeiro".

Non obstante, Herraiz apunta que "se trata polo momento dunha recuperación insuficiente". Por iso, incide en "a fortaleza e a firmeza expresada hoxe de novo polo presidente para continuar coas reformas necesarias -como a do sistema público de pensións e a das políticas activas de emprego- para mellorar a competitividade e impulsar o crecemento e o emprego, preservando ao mesmo tempo o gasto social como sinal de identidade da prioridade do Goberno Socialista por manter e ampliar o Estado de Benestar" (Os recursos para protección social son hoxe un 60% máis que en 2004)

"Esa sensibilidade polas persoas -engade- queda patente tamén no anuncio realizado esta mañá polo presidente do Goberno sobre a próxima adopción de novas medidas de protección ás persoas suxeitas a procedementos de execución hipotecaria por imposibilidade de atender aos seus compromisos de pagamento, así como en medidas de próxima aprobación como o dereito á igualdade de trato e a morrer con dignidade".

Ademais, resalta o chamamento que Zapatero realizou hoxe ao "esforzo colectivo", solicitando a actuación responsable de todos os grupos políticos para alcanzar canto antes a saída definitiva da crise.

Así mesmo, considera moi acertado que mostrase no seu discurso o seu "respecto a España" e a súa "confianza no futuro do noso país", pois -ao seu xuízo- "este é unha mensaxe que pode contribuír a transmitirlle aos medios internacionais a confianza que o noso país merece".

Pola contra, lamenta "o discurso catastrofista de Rajoy, ausente de toda responsabilidade política, que responde unicamente aos intereses electoralistas do PP e que resta credibilidade internacional ao noso país". "Non é serio -engade- que o líder do principal partido da oposición realizase no Debate do Estado da Nación un discurso baseado na mera crítica grandilocuente e carente de propostas concretas, tratando ademais de enganar os cidadáns cunha utilización torticera dos datos económicos,".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar