Zapatero e os Secretarios Xerais apoian a Rubalcaba como candidato á Presidencia do Goberno

Zapatero e os Secretarios Xerais apoian a Rubalcaba como candidato á Presidencia do Goberno

Zapatero e os Secretarios Xerais apoian a Rubalcaba como candidato á Presidencia do Goberno

O Vicesecretario Xeral do PSOE, José Blanco, informou de que mañá o Comité Federal abrirá o proceso de primarias para a elección do candidato do PSOE á Presidencia do Goberno, e o Secretario Xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero e os Secretarios Xerais autonómicos, "expresaron o seu desexo de que sexa Rubalcaba quen encabece esa candidatura".

En rolda de prensa para informar da reunión dos máximos dirixentes do partido, José Blanco explicou que os socialistas se tomaron "moi en serio" a mensaxe das urnas, "de quen foron a votar e de quen decidiron non facelo", á vez que expresou o compromiso do PSOE de "dar motivos para que a maioría da sociedade española volva confiar no PSOE".

Así, o número dous do PSOE anunciou tamén que neste encontro os Secretarios Xerais, recollendo a proposta do Secretario Xeral dos socialistas vascos, Patxi López, acordaron propor ao Comité Federal a celebración dunha Conferencia Política a primeiros de setembro.

Non haberá Congreso extraordinario nin ordinario adiantado

Ademais, José Blanco excluíu a opción de que Zapatero deixe de ser Secretario Xeral do PSOE antes de eleccións xerais. "En ningún caso está prevista a celebración dun Congreso Extraordinario nin dun Congreso Ordinario adiantado", afirmou.

Tras destacar o ton "positivo e bo" dunha reunión "intensa", e lembrar que os socialistas "sempre cremos na forza da palabra" e por iso "sempre fomos capaces de construír acordos e de alcanzar consensos", asegurou que "a mensaxe do encontro de hoxe é rotundo: sentimos unidos".

"Sabemos que canta máis enerxía ten o PSOE, máis pode avanzar España", subliñou Blanco, "a sociedade non desexa que nos enredemos en temas internos". "Unidos para apoiar ao Goberno do noso país", resumiu o Vicesecretario xeral do PSOE, "unidos para celebrar unha Conferencia Política, aberta e participativa, que volva acender a ilusión", e "unidos para apoiar ao candidato que máis quere a nosa xente; ao candidato que máis temen os nosos adversarios; Alfredo Pérez Rubalcaba", convencidos -engadiu- de que "é o mellor candidato para asumir a presidencia do goberno e dar resposta aos desafíos que temos o conxunto dos españois".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar