"Zapatero é o presidente dos dereitos sociais, da igualdade e da defensa dos servizos públicos"

"Zapatero é o presidente dos dereitos sociais, da igualdade e da defensa dos servizos públicos"

"Zapatero é o presidente dos dereitos sociais, da igualdade e da defensa dos servizos públicos"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, transmitiu ao secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, o agradecemento dos concellos galegos “porque nunca houbo un presidente que levase a cabo a maior creación de emprego, maior dinamización económica e mellora de calidade de vida, a través do Plan E, lle pese a quen lle pese”.

Así iniciou o líder do PSdeG a súa intervención no mitin celebrado na Coruña, onde destacou tamén a Zapatero como “o presidente dos dereitos sociais, da igualdade e da defensa dos servizos públicos e das liberdades”.

Vázquez contrapuxo isto coa situación de Galicia dende a chegada de Feijóo á Xunta, xa que “hai dous anos apareceu dicindo que tiña solucións para todos os problemas de Galicia, como Rajoy en Madrid, e a realidade é que en dous anos puxo a Galicia á cabeza do crecemento do paro de España”.

“Esa é a política do PP”, sentenciou, “e cando lle preguntas si teñen responsabilidades, din que non teñen competencias, din que van arranxar os servizos públicos e están desmontando a sanidade pública, privatizando centros de día e comedores escolares”.

Vázquez incidiu especialmente no “ataque de Feijóo á sanidade pública “sen ningún tipo de recato”. Sinalou que o Goberno galego “xa ensinou a súa verdadeira cara: introducir o copago sanitario” e advertiu ao PP que “onde haxa un socialista non permitiremos nada que non sexa sanidade publica, universal e gratuíta”.

Por elo, esixiu ao Goberno de Feijóo “que repoña os medicamentos para todos e todas” e advertiu que “a pesar de que o Tribunal Constitucional paralizou o catálogo e obrigou a que se volvan despachar os medicamentos retirados pola Xunta, Feijóo e o seu goberno seguen a facer trampa”.

Caciquismo e transfuguismo
Vázquez criticou que Feijóo e o PP falen de rexeneración democrática, “mentres ao preguntarlle a Rajoy polo reparto de cartos que fixo Baltar nun mitin cualificouno de anécdota e cando lle preguntaron a Feijóo se lle parecía normal que na Deputación de Ourense traballaran 113 concelleiros do PP dixo que iso era autonomía local”.

Engadiu que “non só en Ourense temos cacique, en Coruña xa non só quixeron comprar concelleiros, senón que quixeron comprar unha candidatura enteira dos independentes”.

Contrapuxo isto co modelo socialista, “que é o modelo de Losada e da Coruña, a cidade das políticas sociais, onde a política mira aos ollos aos cidadáns e onde o máis importante é a calidade de vida, o respecto medioambiental e a convivencia, concellos que se están a converter en escolas de igualdade”.

“Mentres, Feijóo terá que explicar si o seu modelo nos concellos é o de Silleda, O Courel ou Mos, chegando ás alcaldías comprando tránsfugas”. “O modelo do PP é transfuguismo, o caciquismo e a falla de ética”, sentenciou.

Por elo, expresou o “orgullo dos socialistas pola xestión do concello da Coruña” e sinalou que “cando Feijóo recorre Galicia dando leccións, decirlle que cando perda as eleccións terá que vir á Coruña a tomar leccións de municipalismo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar