Xuventudes Socialistas recada máis de 2500 euros para as vítimas do tifón de Filipinas

Xuventudes Socialistas recada máis de 2500 euros para as vítimas do tifón de Filipinas

Xuventudes Socialistas recada máis de 2500 euros para as vítimas do tifón de Filipinas

Os mozos e mozas socialistas remataron a súa campaña SOS Filipinas que consistiu na venda benéfica de chocolatinas en diferentes vilas e cidades de Galicia

O Secretario Xeral, Aitor Bouza, reivindicou “a solidariedade propia do socialismo que se ve ampliada, se cabe, nestas datas tan sinaladas que debe servir de ferramenta para solucionar a situación catastrófica do pobo filipino”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) concluíron a súa campaña SOS Filipinas a través da cal venderon máis de 1200 chocolatinas neste mes de decembro. O importe das vendas, que ascende a máis de 2500 euros, será destinado integramente á restauración de Filipinas despois do tifón que esnaquizou a zona hai case dous meses.

O Secretario Xeral, Aitor Bouza, cualificou de “catastrófica a situación do pobo filipino despois do tifón máis grave da súa historia que provocou case 6000 mortes, 2000 desaparecidos, 30000 feridos e case 400000 evacuados dos seus fogares devastados de forma absoluta”.

Bouza indicou que “para tratar de reducir esta situación de gravidade é fundamental a colaboración de todos”. “Agardamos que outros colectivos como o noso fagan as súas aportacións para salvagardar as necesidades despois de padecer o mal de non ter auga potable, comida, medicinas, tendas para dar acubillo á poboación, limpeza dos cascallos e comunicacións”.

Dende a Organización indicaron que “a venda realizouse a través dos compañeiros e compañeiras das diferentes Agrupacións Municipais que distribuíron as chocolatinas en diferentes cidades e vilas ao longo deste mes de decembro”.

Os mozos e mozas socialistas remataron amosándose satisfeitos co resultado da venda e explicando que “esta campaña en coordinación coas JSE pode realizarse grazas á colaboración coa Alianza pola Solidariedade”. “Toda a cooperación nestes momentos é fundamental para paliar unha catástrofe tan grave”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar