Xuventudes Socialistas presentan a súa campaña denuncia “The work is dead”

Xuventudes Socialistas presentan a súa campaña denuncia “The work is dead”

Xuventudes Socialistas presentan a súa campaña denuncia “The work is dead”

“Os mozos e mozas galegos volven a ser un dos colectivos máis castigados pola inacción do PP, cun incremento interanual da taxa do paro 9.03%. “Esta situación está a por novamente enriba da mesa unha lacra que nos fai regresar a tempos pasados no que a emogración xuvenil está a ser a única alternativa de futuro para os mozos e mozas galegos”

http://wehelpyouwritee.com/

A secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), María Torres, presentou a campaña “The work is dead”, coa que a organización xuvenil pretende concienciar á mocidade galega dos recurtes do PP.

Segundo María Torres, “Os datos do desemprego feitos públicos polo INEM poñen de manifesto a ineptitude do PP para xerar emprego no noso país, xa que é o mes de maio no que menos baixa o paro da historia de Galicia.” E engadiu: “a reforma laboral só está a servir para destruír emprego no noso país, e por este motivo, os mozos e mozas galegos están a ser especialmente sacudidos polos datos de emprego”

Engadiu a Secretaria Xeral das XSG, que os mozos e mozas galegos volven a ser un dos colectivos máis castigados pola inacción do PP, cun incremento interanual da taxa do paro 9.03%. “Esta situación está a por novamente enriba da mesa unha lacra que nos fai regresar a tempos pasados no que a emogración xuvenil está a ser a única alternativa de futuro para os mozos e mozas galegos”

Estas cifras poñen de manifesto que Feijóo non cre na nosa mocidade máis que como mercancía barata e exportable. Segundo Torres Pose “o tan prometido plan de emprego xuvenil do PP do que nunca se escribiu unha soa liña, a falla de medidas de promoción de emprego xuvenil na lei de mocidade, os sucesivos recurtes orzamentarios en políticas de emprego e ensino público…son boa mostra da impasibidade do PP ante unha das sangrías xuvenís máis importantes da historia do noso país”

Neste marco, as Xuventudes Socialistas de Galicia veñen de presentar unha campaña que segundo a secretaria Xeral, María Torres “pretende concienciar á mocidade de que as políticas de emprego xuvenil e a súa promoción é unha cuestión de prioridades políticas” A campaña, que está conformada por material de vídeo e imaxe, desenvolverase a través das redes sociais, e pretende funcionar como motor mobilizador da mocidade galega.

A campaña consta dun spot principal, e de varios “sneak peak” que levan circulando pola rede unha semana con mensaxes sobre ensino, emprego, sanidade, etc…

Está habilitada unha páxina oficial no canal YouTube, así como no Facebook

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar