Xuntanza de representantes da delegación galega que participa na Conferencia Política

Xuntanza de representantes da delegación galega que participa na Conferencia Política

Xuntanza de representantes da delegación galega que participa na Conferencia Política

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, mantivo un encontro con parte da delegación galega que participa na Conferencia Política do PSOE, que se desenvolverá a partir do vindeiro venres 30 de setembro.

Esta foi a primeira reunión de traballo conxunta da delegación galega, integrada por 25 persoas elixidas polo Comité Nacional e os 15 representantes do PSdeG na Executiva Nacional. A esta delegación sumaranse ademais 25 invitados elixidos entre os militantes.

Nesta xuntanza os representantes dos socialistas galegos traballaron nas emendas presentadas ao documento marco da Conferencia Política e na preparación da defensa das mesmas.

As suxestións dos socialistas galegos centraranse en temas que teñen especial incidencia en Galicia, como son o envellecemento e a dispersión de poboación e a medida na que incide nos servizos básicos. A esta engadirán a proposta da reforma da estrutura administrativa para a súa optimización coa premisa de “un servizo, unha administración”, e a reforma do Senado como cámara territorial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar