Xuntanza de Pachi Vázquez cos ponentes do Documento Marco para o Congreso Galego

Xuntanza de Pachi Vázquez cos ponentes do Documento Marco para o Congreso Galego

Xuntanza de Pachi Vázquez cos ponentes do Documento Marco para o Congreso Galego

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, manterá unha xuntanza cos coordenadores e coordenadoras dos 19 grupos de traballo que elaborarán a Ponencia Marco para o Congreso Nacional Galego, que terá lugar o vindeiro mes de marzo.

A reunión, que dará comezo mañá ás 10:30 h no Hotel Puerta del Camino en Santiago, será a primeira xuntanza de traballo entre o secretario xeral e as 19 persoas que encabezan estes grupos, e que se encargan de coordinar a preto de 150 homes e mulleres que están a preparar o documento base

Ao remate desta xuntanza, ao redor das 12,00h, o secretario xeral do PSdeG e os coordinadores e coordinadoras das ponencias realizarán un acto ante os medios de comunicación para explicar os pasos que están a dar para a elaboración das ponencias e da metedoloxía de traballo que están a seguir.

O documento resultante será posteriormente presentado ás agrupacións locais para recoller as súas aportacións, e no Congreso Galego, para o seu debate e aprobación definitiva.

Esta Ponencia Marco será o cerne do proxecto dos socialistas galegos de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Por elo, o seu obxectivo é recoller as principais inquedanzas da sociedade galega e do PSdeG, e estará destinado nun 90 por cento a ser útil aos cidadáns e nun 10 por cento a actualizar, revitalizar, reconstruír e reforzar a organización dos socialistas galegos.

Así, os grupos de traballo están centradas fundamentalmente na reactivación económica, a innovación e a creación de emprego; a defensa dos servizos públicos; o medio ambiente, rural, mariño e o territorio; a emigración, e a “adaptación e transformación do noso partido cara a sociedade”, con especial fincapé no autogoberno, a política local e o desenvolvemento estatutario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar