A Xunta utiliza o sistema sanitario "coma se foran os seus propietarios"

A Xunta utiliza o sistema sanitario "coma se foran os seus propietarios"

A Xunta utiliza o sistema sanitario “coma se foran os seus propietarios”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe a xestión sanitaria do goberno galego apuntando que “as melloras –no Hospital de Verín- non son suficientes e os procedementos non son decentes”. No debate dunha pregunta oral sobre os recortes no centro, acusou ao PP e ao goberno galego de “utilizar o sistema coma se foran os seus propietarios”.

O responsable socialista alertou da “perda da calidade asistencial” pola mala xestión do sistema, logo de sinalar que “a herdanza de Rajoy é que España, por primeira vez en 30 anos, cae dos 10 primeiros postos na sanidade do mundo”. Unha situación acentuada en Galicia logo de que se teña situado, de acordo co CIS, na terceiro peor situación na valoración da calidade asistencial.

Criticou que o PP nin sequera quixera negociar sobre a proposta socialista de implantar 14 áreas sanitarias para “ancorar os servizos ás comarcas con problemas demográficos para ancorar poboación”. Advertiu que o mesmo goberno galego, no Plan de Transporte Público para as áreas sanitarias contempla “as mesmas 14 áreas que propuxemos nós”.

Verín

Torrado apuntou ás mobilizacións da cidadanía de Verín en protesta polo recorte de prestacións, que comezaron o pasado 24 de marzo para “protestar polos graves problemas de atención froito da imposibilidade de atender tódalas necesidades co deficitario número de persoal existente”.

O Hospital, dixo, mantén unha enfermeira por máis de 30 pacientes nas quendas de noite, dende novembro de 2017 viu reducido o número de especialistas de traumatoloxía “resultando un número moito menor de intervencións”. Outros servizos, dixo, como os de medicina interna ou pediatría vense afectados pola mesma redución que deriva na perda de calidade asistencial.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar