A Xunta "tutela" aos concellos asfixiando o seu financiamento e impoñendo reparto clientelar de axudas

A Xunta "tutela" aos concellos asfixiando o seu financiamento e impoñendo reparto clientelar de axudas

A Xunta “tutela” aos concellos asfixiando o seu financiamento e impoñendo reparto clientelar de axudas

A portavoz de Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de “pretender tutelar a autonomía dos concellos” aos que menosprezan. Así o dixo no Pleno do Parlamento de hoxe logo de coñecer o veto do PP a unha moción socialista dirixida a garantir a transparencia e obxectividade no reparto de axudas públicas aos entes locais.

Criticou que o PP obrigue aos concellos a asumir competencias propias da Xunta de Galicia ao tempo que lles pechan a billa do financiamento, que queda limitada “aos seus”. Criticou que leven sete anos sen convocar á Comisión Galega de Cooperación Local, para agora propoñerlle aos entes locais que “renuncien ao cobro do IBI, a súa principal vía de ingresos, paras as empresas que se instalen nos parques empresariais”.

Explicou que as axudas aos concellos publicadas en xuño de 2016, en “estrito réxime de concorrencia non competitiva”, foron publicadas “dez meses despois”, e “o 80 por cento delas foron concedidas a concellos do PP”. Semellante resultado tiveron as axudas do Plan Hurbe, que xestionou 30 concesións, das cales “29 foron para o PP, esta é a transparencia e o diálogo que vostedes propoñen”.

Considera “inxusto” que a Xunta destine un total de 119 millóns de euros para o Fondo de Cooperación Local para un total de 313 concellos para que a Deputación de A Coruña distribúa 74 millóns para só 93 concellos, e que “van chegar a 100”, a de Lugo distribúa 20 millóns para 67 concellos e a de Pontevedra outros 41,2 millóns para 61 concellos.

Proposta

Os socialistas reclamaran hoxe un estudo sobre subvencións, axudas, convenios e demais achegas outorgadas dende a Xunta ou entidades instrumentais aos concellos dende 2010, así como un estudo do custe os servizos competencia da Xunta prestados polas entidades locais e establecer un financiamento para a estabilización permanente destes servizos.

Propuxeron ademais a supresión progresiva de subvencións con fondos propios da Comunidade Autónoma a favor dos concellos para integralas no Fondo de Cooperación Local, e crear un fondo anual de infraestruturas destinado ás entidades locais, establecendo criterios obxectivos e consensuados para o reparto das axudas que non se integren no dito Fondo.

Rodríguez Rumbo propuxo mecanismos para transparentar as transferencias recibidas polas entidades locais, con medidas que reequilibren a dotación anual percibidas por elas, e establecer mecanismos para a simplificación e axilización dos trámites a realizar polas entidades para garantir que perciban o financiamento establecido nas subvencións.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar