A Xunta terá que responder de forma oral no Parlamento máis de 200 preguntas escritas que se negou a responder aos socialistas

A Xunta terá que responder de forma oral no Parlamento máis de 200 preguntas escritas que se negou a responder aos socialistas

A Xunta terá que responder de forma oral no Parlamento máis de 200 preguntas escritas que se negou a responder aos socialistas

A partir de mañá venres 30 de xuño, na comisión de Industria, e en todas as comisións parlamentarias de xeito consecutivo, o grupo socialista realizará decenas de preguntas orais derivadas de preguntas que foron rexistradas previamente por escrito e que non obtiveron resposta da Xunta nos prazos legais previstos. En total, o goberno galego non respondeu en tempo e forma no actual período de sesións a unhas 300 preguntas escritas dos socialistas, das que o grupo seleccionou agora 219 para transformalas en preguntas orais en comisión e obrigar a que sexan respondidas, tal e como prevé o artigo 157 do regulamento da Cámara.

Os socialistas explicarán antes de cada unha das preguntas que se ven “forzados a recorrer a un mecanismo extremo do regulamento para facer que a Xunta cumpra co dereito esencial da cidadanía a ser informada”, tras o “desprezo do goberno do PP ao Parlamento” polo seu incumprimento sistemático do prazo de 20 días establecido para informar sobre os asuntos solicitados por escrito. “Lamentamos que a democracia teña que exercerse por obriga”, manifestan.

Así, mañá venres, a Comisión de Industria recolle 12 preguntas orais do grupo socialista. Os socialistas comprométense a retirar da orde do día aquelas preguntas que a Xunta conteste por escrito antes da celebración de cada comisión parlamentaria, como única opción para poder reducir o número de preguntas e evitar que teñan que ser respondidas unha a unha de forma oral. Entre as cuestións que a Xunta non respondeu en prazo e das que terá que dar información mañá están datos sobre multinacionais de I+D+i e axudas públicas, potencia eólica instalada en Galicia, información sobre subvencións á empresa Mar de Silleda SL ou as empresas do Grupo Pescanova ou detalles sobre proxectos previstos en Ourense, entre outras.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar