A Xunta ten que reclamarlle a Endesa a reparación da estrada Viana-Poboado de San Sebastián

A Xunta ten que reclamarlle a Endesa a reparación da estrada Viana-Poboado de San Sebastián

A Xunta ten que reclamarlle a Endesa a reparación da estrada Viana-Poboado de San Sebastián

A deputada socialista Noela Blanco vén de rexistrar varias inciativas no Parlamento, onde lle reclamará tanto de forma oral como por escrito á Xunta que lle solicite a Endesa a reparación da estrada Viana-San Agustín-Poboado de San Sebastián. “A veciñanza de Viana do Bolo leva anos denunciando o mal estado desta estrada, onde cada día os propios veciños, ambulancias, transporte escolar e visitantes teñen que enfrontarse a fochancas e maleza, o que leva ocasionado numerosos accidentes”, denuncia Blanco.

 

A socialista critica que “a degradación das vías secundarias de comunicación no oriente ourensán, e máis concretamente nas áreas de montaña como é o caso de Viana do Bolo, é unha realidade constante”. E ao cruzamento de competencias entre administracións para saber quen debe arranxar as estradas súmase neste caso que hai estradas como esta que foron construídas polas compañías eléctricas para dar acceso inicialmente a lugares onde ían operar coa construción de encoros e centrais hidroeléctricas. Blanco destaca a necesidade de arranxar este vial de forma urxente porque se trata dunha zona “cunha gran riqueza turística, cultural e recreativa”, polo que é moi transitada no verán.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar