A Xunta ten paralizado o transporte escolar pola deixación de funcións da Consellería de Educación

A Xunta ten paralizado o transporte escolar pola deixación de funcións da Consellería de Educación

A Xunta ten paralizado o transporte escolar pola deixación de funcións da Consellería de Educación

O portavoz de Educación do grupo socialista, Luis Álvarez, reprochoulle ao conselleiro tras a súa comparecencia no pleno que hoxe ten “paralizado” o transporte escolar en Galicia pola súa “deixación de funcións” neste tema. “Pasará vostede á historia como o conselleiro que perdeu o control do transporte escolar por cederllo a unha consellería allea”, criticou Álvarez, despois de que as ANPAS desmentisen que houbese un acordo coa Xunta e hoxe mesmo teñan que verse coa consellería de Infraestruturas. Isto pode provocar, advirte, que os horarios e rutas dependan “das compañías de transporte” e non das necesidades dos colexios e alumnos. “De verdade me pode garantir nesta Cámara que a Consellería non vai perder ningún grao de eficiencia con este novo modelo?”, incidiu.

O socialista reprochoulle ao conselleiro a súa afirmación de que “avanzar en equidade é un despilfarro de medios”, unha visión “moi desafortunada”, dixo. Ademais, acusou ao departamento de Educación da Xunta de “ineficiencia” e “improvisación” en temas como os Plans de Bacharelato e Infantil ou cos interinos, e lamentou que a Xunta se posicionase en contra dunha iniciativa socialista para pedirlle ao Goberno de España unha normativa educativa estable.

Álvarez lembrou que o 38% das queixas da cidadanía á Valedora do Pobo corresponden ás actuacións da Consellería de Educación, un dato “que non é un motivo de orgullo”, e censurou que non haxa unha planificación para a reformulación da rede de centros, senón que se actúe ad hoc de forma improvisada en cada centro.

Por último, invitou ao conselleiro a facer “exame de conciencia” despois de que a Xunta afirmase que non podería haber oferta de emprego público sen Orzamentos no Estado, e finalmente se fixese igualmente, como defendían os socialistas. Tamén lle pediu que non só se lembre dos profesorado para alabar o seu traballo, senón tamén para “restituírlles os seus dereitos e condicións” tras un curso “tenso” para os docentes.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar