A Xunta ten sen executar o 62,8 por cento do orzamento para Medio Ambiente

A Xunta ten sen executar o 62,8 por cento do orzamento para Medio Ambiente

A Xunta ten sen executar o 62,8 por cento do orzamento para Medio Ambiente

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe o “desinterese” do goberno galego coa posta en valor do medio natural. Na comparecencia da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para presentar os orzamentos para 2018, alertou de que ata o 30 de setembro tan só teña executado o 37,2 por cento dos investimentos previstos para Medio Ambiente.

Vilán sinalou que esta baixa execución convirte en “papel mollado” as contas que presenta o goberno galego porque “son datos que vostedes pintan nos orzamentos pero que despois non son capaces de gastar”, con “consecuencias dramáticas” como se demostrou na vaga de lumes do 15 de novembro.

A responsable socialista reivindicou unha nova Lei do Patrimonio Natural de Galicia para acadar “unha protección máis eficaz do patrimonio natural e da biodiversidade” e urxiu a comezar “de inmediato” coa restauración das zonas protexidas afectadas polo lume, como foi o caso da Serra do Xurés e os Ancares.

Patricia Vilán reclamou un informe do impacto dos lumes sobre estes espazos, así como sobre as especies de flora e fauna ameazadas, as árbores senlleiras e os animais silvestres afectados por uns incendios que calcinaron 35.000 hectáreas, de acordo cos datos oficiais.

Reclamou a elaboración urxente dun Plan de Adaptación de Galicia ao Cambio Climático con medidas para a redución de emisións de CO2, o fomento de tecnoloxías e infraestruturas para a adaptación do agro e a viticultura, a promoción do aforro de auga, a prevención dos efectos ocasionados polo cambio de patróns climáticos e axudas para agricultores e viticultores.

Puxo en dúbida ademais o funcionamento dos dispositivos de alerta polas previsións meteorolóxicas, e advertiu que “esta mesma fin de semana hai risco extremo de incendio”, polo que reclamou a toma de medidas preventivas con relación ás actividades forestais, circulación de vehículos ou actividades que poidan afectar á masa forestal.

Ademais, sinalou que a vaga de lumes do 15 de outubro “puxo en evidencia a mala planificación” da ordenación do territorio, xa que “moitos dos montes que arderon adoecían de falla de planificación e ficaban abandonados”. Instou a situar como prioridade as Directrices de Ordenación do Territorio, cando reducen o orzamento para o desenvolvemento e seguimento destes instrumentos de 350.000 a 55.000 euros.

Saneamento e depuración

Vilán fixo un apartado para apuntar á falla de investimento para mellorar o saneamento e depuración de augas en Galicia, nuns orzamentos que volven obviar as melloras pendentes para o saneamento das rías de Arousa e Noia, ou das depuradoras de Os Praceres ou Poio. Lembrou neste sentido que tan só executaron o 2 pro cento dos investimentos previstos para 2016, e alertou fronte a “tentación de seguir polo mesmo camiño”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar