A Xunta "sacrifica" a Zona de Especial Conservación de Os Pasais para conectar o polígono á depuradora

A Xunta "sacrifica" a Zona de Especial Conservación de Os Pasais para conectar o polígono á depuradora

A Xunta “sacrifica” a Zona de Especial Conservación de Os Pasais para conectar o polígono á depuradora

O deputado socialista Julio Torrado acusou hoxe ao goberno galego de “sacrificar medioambientalmente Os Pasais”, unha Zona de Especial Conservación –ZEC- nun estado de conservación “deplorable”. Presentou unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente sobre o desinterese da Xunta por un espazo que se enfronta á decisión promovida por Meaño (PP) e Sanxenxo (PP) de conectar a Edar co polígono industrial de Nantes.

O responsable socialista explicou que a Edar que hai actualmente na zona da servizo apenas a unha parroquia e xa está ao límite, co que conectarlle todo un polígono industrial suporía “evidenciar o abandono total” da ZEC. Preguntou se este “sacrificio” foi “parte do acordo de transacción comercial polo que intercambiaron a alcaldía de Sanxenxo” para devolverlle o bastón de mando a Telmo Martín.

Torrado lembrou que o concello de Meaño aprobou por unanimidade en 2015 unha moción socialista para pedirlle á Xunta unha actuación para recuperar a enseada que linda con este concello e o de Sanxenxo. A situación actual, con lixo acumulado, e as aves e especies marinas e vexetais gravemente afectadas evidencia que a Xunta “ningunea os acordos” dos concellos que teñen que ver coa defensa do medio ambiente.

Nada que ver

O parlamentario socialista amosou a súa sorpresa por que a Xunta respondera hoxe coas actuacións en Areoso ou o Parque do Carreirón, que corresponden a unha illa “no medio da ría” e ao parque natural da Illa de Arousa. Considera “moi positivas” estas actuacións pero puntualizou que “non teñen nada que ver coa enseada de Os Pasais”.

Puxo en dúbida tamén o suposto esforzo da Xunta por eliminar os puntos de contaminación, que “non parece real” por canto se trata dunha zona “con restos de todo tipo, con plásticos, lixo, peces mortos que podrecen nas beiras e alteran á zona e á fauna pola seu mal coidado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar