A Xunta sabía dende febreiro que a Fundación Franco xestionaba as visitas a Meirás

A Xunta sabía dende febreiro que a Fundación Franco xestionaba as visitas a Meirás

A Xunta sabía dende febreiro que a Fundación Franco xestionaba as visitas a Meirás

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou hoxe a “conivencia” do goberno galego coa Fundación Franco, que xestiona as visitas ao Pazo de Meirás. No debate dunha pregunta oral en Comisión, o goberno galego confirmou hoxe que coñecía da presenza desta organización a lo menos dende febreiro, cando lles solicitaron unha xuntanza en nome da familia.

A responsable socialista sinala que a confirmación de hoxe desminte as declaracións do propio conselleiro de Cultura, e dixo que “non vale finxir sorpresa e dicir que non lles gustaba” a presenza da Fundación na xestión do inmoble declarado BIC agochando esta xuntanza. Dixo que “hoxe constatamos que vostedes sabían moito antes de que o soubéramos os demais que a Fundación estaba detrás das visitas” ao inmoble espoliado.

Constatou que “non era certo que descubriran da xestión desta organización polo expediente aberto polas irregularidades na xestión das visitas, xa que hoxe sabemos que foi a Fundación quen pediu o primeiro encontro”.

Burgo puntualizou que “foi un goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño quen declarou BIC ao Pazo de Meirás, un feito que de acordo coa Lei de Patrimonio obriga a manter un réxime de visitas”. Fronte ás acusacións do goberno galego, replicou que “nós somos os que abrimos o Pazo, vostedes son os que toleran que estea pechado logo de pagarlles 50.000 euros á familia en concepto de gastos de seguridade”.

A responsable socialista urxiu a recuperar este ben, nunha situación agravada polos “incumprimentos da familia Franco” á hora de permitir unhas visitas ao inmoble xestionadas pola Fundación Franco mentres “fai apoloxía do Franquismo”. Advertiu que se trata dun “botín de guerra” adquirido polo ditador en plena Guerra Civil deixando “probas documentais múltiples” de que se trata dunha “propiedade ilexítima”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar