A Xunta retén "sine die" o terreo do novo Centro de Saúde de A Illa cedido polo Concello

A Xunta retén "sine die" o terreo do novo Centro de Saúde de A Illa cedido polo Concello

A Xunta retén “sine die” o terreo do novo Centro de Saúde de A Illa cedido polo Concello

Unha xogada de trileiros de manual é o que ten feito a Xunta de Galicia co terreo do malogrado novo Centro de Saúde da Illa de Arousa. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, censurou que o goberno galego teña recepcionado o terreo pero se negue a poñer data de devolución ao seu propietario logo de desbotar o proxecto de facer nel un novo inmoble.

Criticou que a Xunta se teña negado a facer un novo Centro de Saúde comprometido e mesmo incluído nos orzamentos para que á hora da realidade “nos teñamos que conformar con parches no antigo Centro”, que cualificou de “chafullada” xa que “non van reparar nin sequera o tellado onde hai goteiras”. Sinalou que grazas á “brillante xestión” do goberno galego hoxe o Concello “non ten novo centro e tampouco ten o terreo”.

Acusou ao goberno galego de “prometer moi ben, pero cumprir moi mal” ademais de demostrar “pouca estima sobre o que significa un proxecto, unha promesa e un compromiso”. Apuntou que “dan a escoller entre as migallas e a nada, e cren que lles van aplaudir a nada”.

Torrado alertou da situación límite que vive a sanidade pública na Illa de Arousa, logo de permanecer durante todo o verán cun facultativo menos dos tres de que dispón, logo de que Sanidade deixara as vacacións sen cubrir. Iso a pesares de que o concello se converta nun “polo referente de atracción de visitantes” na época estival, que ten que atender con falla de persoal.

Engade que “o problema, lonxe de resolverse, continúa, pois non existen garantías de cobertura dos profesionais por vacacións ou baixas, o que merma claramente a calidade da asistencia sanitaria dos veciños e veciñas que teñen que optar por acudir ao PAC de Cambados ou ao Servizo de Urxencias do Salnés.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar