A Xunta responde con "soberbia e prepotencia" ao "fracaso" da xestión da vaga de lumes

A Xunta responde con "soberbia e prepotencia" ao "fracaso" da xestión da vaga de lumes

A Xunta responde con “soberbia e prepotencia” ao “fracaso” da xestión da vaga de lumes

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, criticou hoxe a “soberbia e prepotencia” do goberno galego na valoración da xestión das emerxencias na vaga de lumes do 15 de outubro. Na comparecencia do conselleiro de Presidencia no Pleno do Parlamento, esixiu a depuración de “responsabilidades políticas” polo “fracaso” nunha actuación que tivo consecuencias tráxicas.

O responsable socialista criticou que non activaran o nivel 3 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais, co que a dirección “unicamente correspondía aos delegados territoriais da Xunta” e non no presidente e o vicepresidente. Criticou que “ningún dos dous estivo á altura das circunstancias e non asumiron as súas responsabilidades”.

Lamentou que non tiveran decidido considerar a vaga de lumes que calcinou 50.000 hectáreas e acabou coa vida de catro persoas como unha emerxencia de interese galego, para que despois o presidente da Xunta tan só presentara unha medida en materia de emerxencias na súa “listaxe de 30 propostas de acordo forestal”.

Advertiu que a súa única idea neste sentido, a de establecer un Mando único para os servizos de emerxencias, xa está prevista no artigo 12 da Lei de Emerxencias de Galicia, e advertiu que “saben que non actuaron correctamente e agora hai que presentar como medida o que foi un fracaso”.

O responsable socialista criticou o “cinismo absoluto” do PP e do Goberno galego ao censurar a crítica da oposición contra a xestión da vaga de lumes do 15 de outubro “en comparación con como falaban da vaga de lumes de 2006”, cando demostraron, dixo, “unha labor inquisitorial que quedou nas hemerotecas”.

Revisión

O portavoz socialista esixiu unha “revisión crítica do sistema” no que a resposta integral esixida pola UE “non está a funcionar”, e reclamou “un modelo público único nos servizos de extinción de incendios e salvamento, con dependencia orgánica e funcional única”. Instou a que a Comisión de Estudo sobre os incendios “lle dedique un capítulo importante ao sistema de emerxencias e protección civil de Galicia”.

Explicou que daquela os parques de extinción de algunhas cidades tardaron máis de 10 horas en ser mobilizados, e só había sete operadores na sala do 112 durante a mañá do domingo 15. A resposta a esta emerxencia evidenciou, dixo, que “o interface incendios urbanos – forestais xa non funciona”, os bombeiros non reciben formación para actuar no ámbito urbano, cuns parques que responden a distintos protocolos de actuación e modelos de xestión.

Explicou que “a fragmentación dos entes públicos que interveñen, Xunta, Seaga ou Tragsa, e a xestión privada en varios ámbitos non pode en ningún momento garantir unha resposta integral dos servizos de extinción baixo un mando único”. Instou a “unificar protocolos, garantir isocronas homologadas en todo o territorio, estabilizar brigadas e levar adiante un programa de formación continua e integral”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar